• Parques infantiles Vigo
  • Turismo en Vigo
  • Incendios Galicia
  • Ikea Vialia
  • Apertura O Porriño
  • Concurso gastronómico
  • Festival Pontevedra
  • Apertura Vigo
  • Alta Velocidad
  • Nintendo Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Príncipe, escenario dun mercado solidario liderado por 340 nenas e nenos da provincia

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
08/06/2022

A explanada dianteira do MARCO de Vigo, na rúa do Príncipe, converteuse durante esta mañá nun mercado solidario no que se reuniron as 340 nenas e nenos que conforman as 17 cooperativas participantes no programa provincial “DepoEMPRENDE na Escola” da Deputación de Pontevedra, chegadas de 12 centros educativos de 9 concellos, para clausurar a sexta edición desta iniciativa.

Durante a xornada amosaron o seu talento emprendedor e venderon os produtos das súas cooperativas ás persoas que transitaban pola rúa, entre os que destacaron bolsas de tela, chaveiros, pulseiras ou plantas. Os beneficios desta iniciativa están destinados a causas sociais de distinta índole como protectoras de animais, asociacións dedicadas a persoas con diversidade funcional ou axuda ao pobo ucraíno. Co fin de conseguir máis fondos para as mesmas, as rapazas e rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria repartiron folletos informativos ás e aos viandantes.

Másnoticias

"En marcha ya la Biblioteca Pública de Teis", el Concello de Vigo licita su construcción

21/08/2025
Foto: Fundación Sales

La flor más especial de Vigo ya se puede ver, aunque por poco tiempo

21/08/2025

“Este proxecto persegue que as nenas e os nenos teñan unha mente emprendedora e aprendan todo o que ten que ver coa creación de empresas e cooperativas, algo moi vinculado co desenvolvemento da sociedade”. Así definiu a presidenta provincial Carmela Silva o proxecto, quen tamén avogou pola presenza de mulleres en todos os eidos, e máis particularmente no mundo da empresa, para ofrecer referentes á rapazada xa que é “importante que as nenas se animen a querer ser emprendedoras, empresarias, científicas políticas... todo o que desexen na vida”. A presidenta provincial tamén agradeceu á cidadanía a súa implicación co mercado xa que malia chuvia “é un espectáculo ver isto cheo de xente”.

Pola súa banda, Abel Caballero felicitou ao alumnado “polo espírito de emprendemento que tanto se dá en Vigo e na provincia de Pontevedra que crea empresas e cooperativas e que se agrupa para producir, fabricar e vender cousas ben feitas. Isto é o que nos gusta facer”. Agrupacións como as formadas polas e polos escolares “lanzan proxectos” e “pensan en xeitos de agruparnos para vivir mellor e facer mellor a vida das e dos demais”. Por este motivo, felicitou á rapazada e aos centros educativos pola súa iniciativa.

Centros e cooperativas

O mercado contou coa participación de alumnado e profesorado de catro centros da comarca de Vigo, o CEIP Plurilingüe Ría de Vigo (Vigo) con “Nadando Xuntos”; CEIP Plurilingüe Souto-Donas (Gondomar) coas cooperativas “Boom Stars” e “Cooperaria”; ACEESA “Asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual” (O Porriño) con “O Mistral”; e o Colexio Estudio (Nigrán) con “Made in Galicia”.  Tres centros da comarca do Salnés, CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia, coas cooperativas “Mantemos o Mundo” e “The Fantastic World”; CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), tamén con dúas cooperativas “Sorrisos Artesanix” e “SCAM”; e CEIP Enrique Barreiro (Camabados), con “Piñeiro’s Company”. Formaron parte do mercado outros tres centros de Pontevedra, CEIP San Andrés de Xeve (Pontevedra) con “Xevende”; CEIP A Xunqueira 1 (Pontevedra) con “Natural Shop” e “A Volvoreta”; Centro de Educación Especial Pontevedra (en Príncipe Felipe) con “Codo con codo”; e CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) coa cooperativa “As cores de Carballedo 2.0”. E un centro da comarca do Baixo Miño, o CEIP Plurilingüe de Tui coas cooperativas “Empre.Colect” e “Tui de Confianza”. As e os alumnos decidiron destinar os seus beneficios das súas cooperativas ao Refuxio de animais de Cambados, ás protectoras Aloia, Os Palleiros, Cadeliños, Bai.Senpulgas e Seremdipia_Rescue á asociación contra o cancro “O sono de Vicky”, Asociación Autismo BATA, UNICEF, Intermón OXFAM, Cruz Vermella, Asociación Bicos de Papel, Down Galicia, Asociación Benéfica Oso Panda de Salceda e a algunhas ONG en axuda do pobo ucraíno.

O programa provincial “DempoEMPRENDE” arrancou no ano 2016 e nel xa teñen participado 132 centros educativos e 3.464 alumnos e alumnas nas modalidades de Escola, ESO e FP. Todas elas están destinadas a fomentar o emprendemento no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista. Delas e deles 2.015 fixérono a través de “DepoEMPRENDE na Escola”.

 

Temas: Deputación de PontevedraVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Estabilizado el incendio de Carballeda de Avia, con lo que bajan a cinco los focos activos

El incendio ha afectado a unas 4.000 hectáreas, parte de ellas en los municipios de Avión, Melón, Leiro y Ribadavia

PorMetropolitano
21/08/2025
Enfoque

"En marcha ya la Biblioteca Pública de Teis", el Concello de Vigo licita su construcción

Vecinos del barrio de Teis reclaman que el espacio cuente con servicio de préstamo de libros y que no sea solo una sala de lectura

PorPaula Carballo
21/08/2025
Varias personas esperan para coger un tren en la estación de Chamartín-Clara Campoamor, a 20 de agosto de 2025, en Madrid
- Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
Enfoque

La Alta Velocidad entre Galicia y Madrid ya funciona "con normalidad" pese a los incendios

Renfe confirma que la Alta Velocidad Galicia-Madrid está recuperada tras días cortada por incendios. Ha anunciado un refuerzo del servicio

PorEuropa Press
21/08/2025
Enfoque

El Concello pone fecha a la consulta pública para que Vigo opine sobre la tasa turística

Vigo abrirá este viernes la consulta pública sobre la tasa turística. Así funcionará este proceso para que cualquiera pueda dar su opinión

PorAlfredo Teja
21/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X