O Pleno extraordinario da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha declaración institucional contra o peche de oficinas bancarias no rural por unanimidade, cos votos do PSdeG-PSOE, BNG e PP. A presidenta, Carmela Silva, que deu lectura ao acordo, agradeceu o apoio e xustificouno afirmando que “hai unha verdadeira alarma social, sobre todo nos concellos máis pequenos e rurais, que son os que teñen unha dependencia maior da rede bancaria presencial”.
A Declaración considera que as oficinas bancarias son un “servizo imprescindible” nos territoriais rurais, onde abundan poboación de idade avanzada e que carece das competencias dixitais necesarias para operar dende os portais de banca electrónica. “As oficinas bancarias son, en moitas ocasións, o único recurso co que contan estes grupos de poboación para xestionar as contas das que son titulares”. Subliña, a continuación, que a provincia de Pontevedra non é allea a este fenómeno de “desertización bancaria” e a veciñanza contempla “con indignación e impotencia” a cadea de peches que xa afecta a Soutelo de Montes (Forcarei), Seixo (Marín), Vilaxoán e O Carril (Vilagarcía de Arousa), Carballedo (Cerdedo-Cotobade), Panxón (Nigrán), Campo Lameiro, Campelo (Poio) e Corvillón (Cambados).
A Deputación lembra que, a pesar de carecer da potestade lexislativas e de competencias neste eido, decidiu “dar a voz de alerta e instar a todo o mapa institucional a sumar esforzos para reverter esta deriva na que os intereses das persoas quedan deturpados pola voracidade dos intereses empresariais”. “Poñémonos”, conclúe a Declaración Institucional, “a carón de tódolos pobos, concellos e comarcas afectadas e animamos a tódolos actores políticos interpelados por esta situación a adoptar as medidas administrativas e reguladoras necesarias para manter unha atención bancaria digna, entendida como un servizo esencial, en todo o territorio rural da nosa provincia”.
La protesta partió del cruce de Vía Norte con Urzáiz al grito de No es un caso aislado, es el patriarcado'
La Guía Michelin desvela los nuevos restaurantes galardonados e incorpora dos nuevos en Galicia, logrando así ya 19 con Estrella Michelin
Arranca la tramitación urbanística de 10.400 metros cuadrados frente a Samil con un 70% para uso terciario y un 30% para vivienda
Caballero anuncia cambios en el proceso de empadronamiento en Vigo. Aumentan los horarios sin cita previa para este trámite
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL