• Chiringuito de Vigo
  • Macroproyecto peatonal Vigo
  • Fuegos de Bouzas
  • Sentencias autobuses Vitrasa
  • Concierto gratis
  • Apertura en Vigo
  • Entroido Verán A Cañiza
  • Playlist Gente de Zona
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/07/2025

Os doutoramentos industriais naceron como unha ponte entre o coñecemento da academia e a experiencia do tecido empresarial, un programa que serve para unir estas dúas visións na formación dos futuros profesionais. Coa implicación das universidades e as empresas, ducias de novos investigadores contan xa con esta mención industrial nas súas teses, dez deles no caso da Universidade de Vigo. A estes hai que sumar outros 15 que están actualmente a realizar as súas teses baixo o paraugas da convocatoria pública de axudas impulsada pola Xunta de Galicia a través de GAIN. Dende a posta en marcha desta liña de apoio, a UVigo acadou catro axudas na primeira edición en 2021, unha en 2022, cinco en 2023 e outras cinco en 2024.

A filosofía desta iniciativa é promover a realización de proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental nos que se enmarque unha tese, en empresas, administracións ou entidades privadas sen ánimo de lucro. O obxectivo final é formar investigadores e investigadoras de alto nivel que poidan contribuír á innovación e ao desenvolvemento tanto da empresas como da academia.

Másnoticias

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

15/07/2025

Del mar al microscopio, tecnología puntera en Vigo para entender qué pasa en el océano

14/07/2025

Como recoñecen moitos dos 15 investigadores e investigadoras da UVigo que actualmente están a realizar un doutoramento industrial, a realización da tese nunha contorna empresarial permite coñecer de primeira man as necesidades e demandas do tecido industrial e tamén a aplicación directa de los coñecementos teóricos. Ao tempo, destacan dende a Escola Internacional de Doutoramento (Eido), as e os estudantes establecen unha conexión directa coas empresas, esencial para unha futura inserción laboral no sector industrial. Como explica Antonio Collazo, directo da Eido, estanse a realizar teses con mención de doutoramento industrial en todos os eidos do coñecemento, dende o científico e tecnolóxico ata o xurídico-social e o obxectivo é “incrementar o número de teses con esta mención que impliquen unha colaboración efectiva coa empresa ou centro de innovación e tecnoloxía”. De feito, o vindeiro venres presentarase no edificio Redeiras a nova convocatoria para 2025, nun acto aberto a todos os investigadores e investigadoras, así como a empresas e centros tecnolóxicos.

Isa Beatriz Domingos, en Porto-Muíños

Unha das investigadoras que optou por realizar un doutoramento industrial é Isa Beatriz Domingos, dentro da convocatoria de 2023 en colaboración coa empresa Porto-Muíños, onte se centra no desenvolvemento de procesos verdes para a obtención de ingredientes bioactivos de algas mariñas endóxenas de Galicia e o seu uso na formulación de novos produtos saudables. A investigación enmárcase no programa Ciencia e tecnoloxía agroalimentaria e está dirixida polas profesoras do Departamento de Enxeñaría Química no campus de Ourense Dolores Torres e Herminia Domínguez. O obxectivo é “aproveitar de forma integral as macroalgas procedentes de cultivos locais e de recolección sostible na costa galega, para formular novos produtos con aplicacións nos sectores alimentario, nutracéutico e cosmético, empregando tecnoloxías limpas e procesos libres de reactivos químicos e disolventes orgánicos, todo baixo un concepto de biorrefinería e unha perspectiva de residuo cero”.

Explica que elixiu Porto-Muíños por ser “unha empresa galega innovadora, pioneira no uso e valorización das algas como alimento e materia prima” nunha contorna cunha forte aposta pola sostibilidade e a I+D. “Optei pola modalidade de doutoramento industrial porque é unha forma moi completa e enriquecedora de realizar unha tese. A pesar dos desafíos que implica, como o paso da escala de laboratorio á escala industrial, “esta modalidade permite aplicar o coñecemento científico directamente a necesidades concretas do sector. É moi motivador ver como o traballo ten unha aplicación práctica e, no futuro, un impacto tanxible”.

Respecto ao traballo diario, Domingos desenvolve a investigación no laboratorio de I+D+i de Porto-Muíños, “onde teño acceso á planta industrial, á materia prima e a equipos piloto”. Ademais, acode regularmente á UVigo para realizar “ensaios analíticos e de caracterización” para o que conta coa colaboración do grupo Biomasa e Desenvolvemento Sostible. “A comunicación entre ambas partes é moi fluída, o que permite un traballo colaborativo, ben coordinado e fortemente orientado a resultados”.

Sobre esta modalidade de doutoramento, a investigadora considera que “ofrece beneficios moi valiosos tanto para o investigador como para a Universidade e a empresa”. Segundo detalla, “permite unha formación máis completa, ao combinar a experiencia directa nunha contorna real do sector industrial co respaldo académico da Universidade” e isto, engade, “tamén mellora significativamente a capacidade de aplicar o coñecemento científico a problemas técnicos e desafíos específicos do contexto”. Para a Universidade, apunta, “representa unha vía efectiva de transferencia de coñecemento e de conexión coas necesidades do tecido produtivo, mentres que para a empresa, “é unha oportunidade para incorporar talento altamente cualificado, acceder a tecnoloxías emerxentes e reforzar a súa capacidade de innovación e desenvolvemento”.

Actualmente Domingos está rematando o segundo ano de desenvolvemento da súa tese e atópase a punto de concluír unha estadía na Chalmers University of Technology (Suecia). A investigación “avanza segundo o cronograma previsto e os resultados obtidos ata o momento son interesantes, tanto a nivel científico como en canto á súa aplicabilidade práctica”. Antes de que remate o 2025, avanza, comezará a traballar no escalado de varias das tecnoloxías desenvolvidas, o que suporá un avance clave para o proxecto e Porto-Muíños, xa que permitirá avaliar a súa viabilidade técnica en condicións industriais”.

Nerea Airado, en BorgWarner

Outra das investigadoras que optou por realizar un doutoramento industrial é Nerea Airado, no marco do programa Tecnoloxías da información e as comunicación, baixo a dirección de Mónica Fernández Barciela, investigadora de atlanTTic, e Óscar López Sánchez, do Cintecx. Desenvolve a súa tese na empresa Borgwarner e céntrase en deseñar modelos que permitan predicir o comportamento electromagnético de sistemas electrónicos de potencia co obxectivo de reducir as interferencias electromagnéticas e mellorar a eficiencia e fiabilidade destes sistemas. “Trátase de crear ferramentas que permitan avaliar e optimizar o deseño antes da fabricación, evitando así longos procesos de proba e erro, reducindo custos e garantindo o cumprimento das normativas desde o inicio”.

Airado explica que optou por un doutoramento industrial porque é unha alternativa que “facilita o acceso a medios técnicos e recursos que habitualmente non están dispoñibles na universidade e ofrece a oportunidade de adquirir competencias en áreas como a xestión de proxectos, o traballo en equipo e a comunicación con perfís profesionais diversos”. A súa tese pertence á convocatoria de 2024, polo que está aínda nunha fase inicial, pero explica que o proceso “está sendo moi enriquecedor”. Dentro da empresa, detalla, “colaboro cun grupo de traballo especializado que está moi implicado nos temas relacionados coa miña tese e mantemos un contacto continuo mediante reunións de seguimento e coordinación, o que facilita que a investigación avance aliñada cos obxectivos da compañía. Así combino a parte de desenvolvemento experimental e simulación na empresa coa análise metodolóxica na Universidade, integrando ambas perspectivas”.

Nuno Muñoz Seijas, en Cifga

Nuno Muñoz Seijas é outro investigador que apostou por esta modalidade de doutoramento. Comezou a traballar na súa tese a comezos de 2024 no programa de Ciencia e tecnoloxía agroalimentaria, baixo a dirección de José Manuel Salgado e José Manuel Domínguez. Céntrase na separación de proteína e quitina a partir do insecto comestible adulto Tenebrio molitor mediante métodos verdes. “O obxectivo é poder xerar produtos finais empregando a quitina e os seus derivados, no caso do meu proxecto concretamente biofilms para poder envasar alimentos e alongar a vida útil dos mesmos”. A investigación está a realizala en colaboración con Cifga, “unha das empresas punteiras no eido da química analítica, sobre todo no que se refire ás toxinas mariñas”, o que lle permite “aprender tanto na vía académica como na vía empresarial e aproveitar as vantaxes que ambos mundos ofrecen. No caso da academia, a liberdade de traballar da maneira que ti queiras, pedir proxectos, etc. Por parte da empresa, traballar cun ritmo máis elevado e ter sempre na cabeza a finalidade do que estás a facer, tendo sempre o obxectivo de ter un rédito económico o que fas”, explica.

Polo momento, o proceso de traballar a cabalo entre ambas institucións está a ser “moi natural” e “creo que estamos a facer unha interesante simbiose entre a empresa e a Universidade”. Xa ten completada a metade do proceso investigador e “o método químico que desenvolvemos xa foi probado e posto a punto e a parte que falta é a realización dos biofilms como tal que realizarei no ano 2026”, conclúe.

Lizbet Gutiérrez, en Insati

Lizbet Gutiérrez tamén optou por realizar esta modalidade de doutoramento, en concreto na empresa Insati, no marco do programa de doutoramento Metodoloxía e aplicacións en ciencias da vida baixo a dirección da investigadora do CIM Paloma Morán. “A tese ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento dun sistema IoT-EdgeAI, que combina intelixencia artificial e sensórica para mellorar a produción e crecemento de semente en bateas con elevada depredación”.

Comezou a súa tese en decembro de 2024 pero leva traballando na empresa dende 2023. Explica que sempre lle gustou a investigación aplicada “e este tipo de doutoramento ofrece a posibilidade de desenvolver proxectos cun enfoque práctico” polo que se decidiu a propoñerlle ao CEO de Insati a posibilidade de realizar a tese na propia empresa. “Ao principio costoume organizarme, pero xa o levo mellor”. O traballo de laboratorio desenvólveo nas instalacións da Ecimat, infraestrutura do CIM-UVigo, onde realiza os experimentos de depredación. Unha vez remate esta parte, comezará a analizar datos e continuará co desenvolvemento do sistema en Insati, para logo volver á Ecimat para a segunda parte dos experimentos.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

¿Peligran los Fuegos de Bouzas por la previsión de lluvia en Vigo? La organización responde

...

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Abre uno de los chiringuitos con las mejores vistas de Vigo cargado de conciertos al aire libre

...

PorShelly Villaverde
16/07/2025
Enfoque

Culpan a la Xunta de la "saturación" en el servicio de Urgencias del Álvaro Cunqueiro de Vigo

...

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Mos se despide de una de sus viviendas más históricas, adiós a la emblemática "casa roja" de Puxeiros

...

PorPaula Carballo
16/07/2025
Enfoque

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

PorMetropolitano
16/07/2025

Destacan que esta modalidade ofrece a posibilidade de coñecer as necesidades do tecido empresarial

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

16jul19:30Verbenas na Caridade con Orquestina en Vigo

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X