• Fútbol Emotion
  • Relleno Puerto
  • Pre Fin de Año
  • Mirador precintado
  • Navidad en Tui
  • Animales robots
  • Mercado Navidad Bouzas
  • Fiesta del Cine
  • Cine A Ramallosa
  • Jabalí acuático
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Recoñecidos especialistas en Cervantes traen a Vigo a presentación dun novo monográfico sobre o autor

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/02/2024

"Miguel de Cervantes: más allá de la obra maestra" é o significativo epígrafe do último número do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, unha obra que se presentará o vindeiro luns en Vigo nun acto que contará coa participación de recoñecidos especialistas neste autor, entre eles, o catedrático da Universidade de Vigo José Montero Reguera, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, e a catedrática da Universidade da Sorbonne, María Zerari, os dous coordinadores deste volume.

Será no edificio Redeiras o vindeiro luns ás 19:00 horas, nun acto aberto ao público no que Montero e Zerari estarán acompañados por Fernando Romo, profesor de Teoría da Literatura da Universidade de Vigo; Raquel Gutiérrez, profesora da Universidad de Cantabria e directora do Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, e Borja Rodríguez Gutiérrez, presidente da Real Sociedad Menéndez Pelayo.

Másnoticias

La Navidad de Vigo se extenderá a Bouzas con un mercado temático y elementos especiales

Bouzas desvela los detalles de su mercado de Navidad para enamorar a Vigo

02/11/2025
El Travesía de Vigo sortea cinco entradas dobles de cine para "padres de película"

Siete películas que puedes ver en la Fiesta del Cine en Vigo, que arranca a 3,50€ en cinco salas

02/11/2025

Nos cen anos de vida do Boletín de la Biblioteca de Menéndez Pelayo apareceron nas súas páxinas 80 traballos sobre Cervantes e as súas obras a cargo de ilustres cervantistas e este é o cuarto monográfico que a revista dedica ao insigne escritor, tras un volume de 1947 e os números monográficos coordinados por Germán Vega (2005) e por Germán Vega e o propio José Montero Reguera (2016). “Levo coordinados varios monográficos cervantinos (para o Instituto Cervantes, para Anales Cervantinos, para a Asociación de Cervantistas, para a Universidade de Alcalá de Henares, entre outros), pero os dous que preparei para o Boletín de la Biblioteca de Menendez Pelayo constitúen fitos importantes na miña xa non pequena traxectoria académica”, explica Montero, quen subliña que se trata dunha publicación centenaria (“cumpre os seus primeiros cen neste ano de 2024”) e, ademais, é a segunda máis antiga de entre as dedicadas os estudos literarios en España.

Traballos de calado chegados de todo o mundo

Nesta ocasión preséntanse traballos de calado escritos por investigadores e investigadoras de todo o mundo, “recoñecidos especialistas en Cervantes, hispanistas de prestixio que abordan temas de moito interese”, explica Montero, quen recalca que o título do monográfico reflicte o binomio co que habitualmente se coñece ao escritor: novelista (“creador do Quijote e, se seica, das Novelas ejemplares: o resto só queda para moi especialistas”); autor de teatro, “quizais polos entremeses (que entraron no canon desde moi pronto), pero non tanto polas súas comedias (algunha aínda sen ser representada no últimos tres séculos)” e “que dicir da poesía”.

No fondo, segundo Montero Reguera, entran en contraste dúas maneiras de achegarse ao escritor e a súa obra: a que permite achegarnos a un autor de hai catro séculos grazas a unha obra que sobreviviu a tempo e espazos moi distintos, pero que canaliza ao seu creador por un único camiño; e aquela que quere recuperar a ese escritor no seu tempo e contexto: moi claro se nos achegamos ao Cervantes en vésperas do Quijote (La Galatea [poesía lírica], a Numancia [poesía dramática] e romancero [poesía narrativa: os “romances infinitos” mencionados en Viaje del Parnaso]). E aínda máis, lembra Montero, se nos achegamos ao Cervantes do final: Famoso Bernardo (poesía épica), segunda parte da Galatea (poesía lírica), Semanas del Jardín (volta á novela curta). “Hai vida mais aló do Quijote e aquí recuperamos unha perspectiva histórica que é fundamental para comprender aos nosos escritores clásicos”, subliña o coordinador do Boletín.

“Que a sociedade coñeza o moito traballo que facemos na FFT”

Nesta ocasión, o monográfico está dedicado a Jean Canavaggio, recoñecido cervantista francés que faleceu pouco despois de entregar o seu traballo para este monográfico e antes de saír impreso. “Unha necrolóxica de Germán Vega máis a presentación redactada por nós (María Zerari máis eu) salienta a figura desde investigador”, apunta Montero Reguera, quen anima a todas as persoas interesadas a que asistan á presentación. “É importante que a sociedade coñeza o moito traballo que facemos na Facultade de Filoloxía e Tradución e, para isto, Redeiras é un magnífico altofalante”, explica o decano, quen recalca que as persoas que non poidan asistir presencialmente poden facelo a través do Campus Remoto, simplemente deben enviar un correo solicitándoo a jmontero@uvigo.gal

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La Navidad de Vigo se extenderá a Bouzas con un mercado temático y elementos especiales
Enfoque

Bouzas desvela los detalles de su mercado de Navidad para enamorar a Vigo

...

PorAlfredo Teja
02/11/2025
Rueda respalda a Nava Castro en el Congreso del PP de Ponteareas como "referente" en Galicia
Enfoque

Rueda respalda a Nava Castro en el Congreso del PP de Ponteareas como "referente" en Galicia

...

PorMiguel Alonso
02/11/2025
La Policía Local de Vigo precinta uno de los miradores del centro ante su abandono y mal estado
Enfoque

La Policía Local de Vigo precinta uno de los miradores del centro ante su abandono y mal estado

...

PorÁngel Vila
02/11/2025
El vertido de aceite en la Ría de Vigo está "recogido al 75%", pero podría afectar a las bateas
Enfoque

El vertido de aceite en la Ría de Vigo está "recogido al 75%", pero podría afectar a las bateas

...

PorMetropolitano
02/11/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X