O Concello de Redondela estará presente na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, para dar a coñecer nesta cita –unha das de máis relevo de Europa e que mañá abre as súas portas no Ifema de Madrid– toda a súa potencialidade turística.
O concello redondelán estará presente no stand de Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño onde contará con diverso material “que amosa claramente o enorme potencial que temos en materia turística”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas. A presenza de Redondela en Fitur servirá para poñer en valor, nun foro no que se dan cita turoperadores e profesionais do turismo de toda Europa, “o enorme patrimonio cultural, histórico, artístico e natural que ten Redondela”.
O Cemiterio de Eidos como punto de referencia histórico-patrimonial, os lugares de interese do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, a reactivación do Museo Meirande que o ten levado a converterse nun punto de visita obrigada, a Ruta da Auga ou a recen inaugurada Senda Verde, serán algúns dos atractivos que Redondela presente neste escaparate internacional.
Digna Rivas fixo especial fincapé na necesidade de aproveitar o Camiño de Santiago como vía “permanente de entrada de visitantes”. Non se pode esquecer, subliñou a alcaldesa redondelá, “que somos o punto no que conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa, dous das rutas xacobeas con maior crecemento e expansión que supoñen unha oportunidade única para dar a coñecer todo o que Redondela pode ofrecer”.
La marca Füa Chaval lanza una edición limitada con imágenes icónicas del Mundial 94. Así son los diseños especiales de esta firma de Vigo
Activado un dispositivo en O Grove para buscar a un hombre cuyas pertenencias aparecieron en unas rocas próximas a la playa de Lavaxeiras
Una creadora de contenido ha elegido la playa de Samil para rendir un homenaje a Venezuela. Así es la iniciativa que ha tenido en Vigo
Vigo arrancará la próxima semana la renovación de esta bonita playa. Contará con un nuevo acceso con pasarela de madera
La recién Orquestra da UVigo sigue creciendo y ofrecerá un nuevo concierto gratis. Todo, con un variado repertorio que promete sorprender
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL