O Concello de Redondela vén de comunicar a súa intención de estender o servizo de limpeza viaria aos núcleos das parroquias do municipio. Así, este servizo que ata o de agora tiña restrinxida a súa actuación aos cascos urbanos de Redondela e Chapela, ampliará o seu ámbito de actuación ata os núcleos rurais. A limpeza viaria nos centros neurálxicos parroquiais será efectuada de xeito rotatorio e periódico segundo un cuadrante no que xa traballa a concellería de Limpeza Viaria.
O Goberno municipal defende que "o feito de que a propia extensión do municipio faga imposible a limpeza viaria lugar por lugar e barrio por barrio” non é impedimento para que esa labor poida realizarse, segundo un calendario previamente establecido, nos 'centros' das parroquias nos que diaria e habitualmente reúnense maior número de veciños e veciñas”.
Esta será a primeira vez que se preste este servizo de limpeza viaria nos núcleos parroquiais, unha iniciativa que responde ao "convencemento" do Goberno local de que “as veciñas e veciños de Redondela deben poder gozar do mesmo nivel de servizos, independentemente do lugar onde teñan a súa residencia”.
As características particulares de dispersión poboacional que presenta o rural "non fai posible que os servizos se poidan prestar en idénticas condicións que nos núcleos urbanos" –explica a rexedora local, Digna Rivas– “pero iso non xustifica a súa ausencia”. Nese sentido a alcaldesa de Redondela deixou clara a intención do seu Goberno de “eliminar, na medida do posible, a fenda de servizos existente entre os núcleos rurais e os urbanos” porque, asegurou, “en Redondela non poden existir veciños e veciñas de primeira e segunda categoría”.
El BNG de Vigo acusa al gobierno de Abel Caballero de maltratar el arbolado urbano y "vulnerar" la ordenanza de Medio Ambiente
CIG, CC.OO., UGT y CSIF exigen la "retirada inmediata" de las medidas presentadas en la mesa sectorial y la eliminación de la categoría FEAP
Vigo instala unos nuevos elementos en lugares como la Porta do Sol. Unos "tótems-táctiles" que ofrecerán una nueva forma de entender la ciudad
Los mupis que promocionan la Navidad de Vigo en buena parte del planeta ya lucen en Broadway, en Nueva York
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL