• Proyecto Teis
  • Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • Ruta gastro Mos
  • Tortilla gigante
  • Transformación en Samil
  • Festa do Marisco
  • La Vuelta Galicia
  • "Fodechinchos Fest"
  • Festival Tui
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Redondela reforza os servizos de emerxencias coa creación do GES Redondela-Mos

iStock/yacobchuk

iStock/yacobchuk

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/04/2021

O Pleno do Concello de Redondela vén de aprobar, cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista e PP, o convenio de creación do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, co que o Concello redondelán pasará a contar cun total de seis efectivos de xeito permanente.

O convenio, redactado pola Xunta de Galicia e apoiado pola FEGAM (Federación Galega de Municipios e Provincias) e a Deputación de Pontevedra, supón "un mínimo custo para as arcas municipais", segundo defenden dende o Goberno municipal, xa que a subvención do mesmo “cubre as novas contratacións –para sumar aos efectivos xa existentes–, e permite reforzar os medios materiais”, sinalou o Grupo Municipal Socialista.

Másnoticias

Redondela avanza en la peatonalización del casco histórico, que vigilará con cámaras

04/09/2025

San Simón inicia los trámites para ser Lugar de Memoria, lo que deja en el aire futuros festivales

03/09/2025

A alcaldesa Digna Rivas asegurou que, se ben “non é o convenio ideal, si permite dar un primeiro paso no obxectivo de contar cun servizo de emerxencias adecuado á importancia de Redondela”. Nese sentido lembrou que xa na oposición e dende facía oito anos, “dende o PSOE víñamos reclamando ao entón Goberno do PP o reforzo deste servizo” algo que, aclara Digna Rivas, “o goberno popular puido facer no ano 2013 de ter levado a pleno este mesmo convenio. Os motivos polos que non o fixo, habería que preguntarllos a eles”.

Nese punto insiste a rexedora local que “seguiremos loitando para que Redondela poida contar cun servizo de emerxencias acorde coa importancia, extensión e poboación do municipio. É un obxectivo irrenunciable para este Goberno”

“Aprobamos este convenio por responsabilidade, porque Redondela necesita un GES capaz de cubrir as súas necesidades e porque teríamos que explicar á cidadanía o motivo de rexeitar unha subvención de 136.371 euros para a súa creación”, apuntou Rivas quen, ao mesmo tempo, saíu ao paso de determinadas informacións “tan tendenciosas como falsas” nas que se aseguraba que Redondela asumiría os gastos de catro concellos.

“O GES de Redondela cubrirá emerxencias en Pazos e Soutomaior, sempre que as circunstancias o permitan e dando lóxica prioridade aos sucesos que acontezan no noso municipio, aínda que non comparto que estes dous concellos poidan beneficiarse do servizo, sempre que sexa posible –insistiu– e que non acheguen ningunha contraprestación económica”.

Digna Rivas ten claro que todo isto teríase evitado “coa posta en marcha da Área Metropolitana á que, por motivos claramente partidistas, opúxose o Partido Popular e o exalcalde de Redondela, antepoñendo eses intereses ao ben xeral da veciñanza”.

En canto a un convenio co Concello de Vigo, a alcaldesa redondelá lembrou que foi ela “a que desbloqueou a situación de enfrontamento que o anterior Goberno tiña coa alcaldía de Vigo establecendo un borrador de protocolo”. Hai que aclarar, engadiu Digna Rivas, “que nese caso, ao igual que agora faremos nós, as emerxencias de Vigo terían prioridade sobre as que aconteceran aquí”.

A alcaldesa de Redondela restou importancia ao voto en contra de AER, os seus socios de Goberno, ao sinalar que “este é un Goberno formado por dous partidos que conflúen na maioría dos temas pero noutros, como é neste caso, temos puntos de vista distintos”. O lóxico, engadiu, “é que cada un defenda a súa postura sen que iso supoña problema algún porque entra dentro do xogo democrático”.

Temas: Redondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo avanza un proyecto de 30.000 metros cuadrados con zonas comerciales y residenciales en Teis

Un nuevo proyecto transformará una superficie de 38.629 metros en Teis. Vigo permitirá construir una gran zona comercial y residencial

PorAlfredo Teja
05/09/2025
Enfoque

"Liquidación por cierre" en un local gastronómico de Vigo antes de transformarse en un nuevo concepto

"Nos vamos y lo vendemos todo", así se despide un espacio gastronómico de Vigo. Un proyecto que no desaparece, pero sí cierra su local con una liquidación

PorAlfredo Teja
05/09/2025
Enfoque

Operativo especial de la Guardia Civil en Galicia por el paso de La Vuelta por Pontevedra y Lugo

Más de 150 agentes de la Guardia Civil formarán parte del operativo para participar en la seguridad de La Vuelta a su paso por Galicia

PorMetropolitano
05/09/2025
Archivo - Embalse de Eiras, en Fornelos de Montes (Pontevedra).
- EUROPA PRESS - Archivo
Enfoque

Vigo pide retomar el trasvase y la construcción de una nueva presa

Vigo pide retomar el trasvase y nueva presa para garantizar abastecimiento. La Xunta insiste: debe tramitarlo el Estado

PorEuropa Press
05/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X