• Stellantis Vigo
  • Fiestas en Vigo
  • Festa do Pemento Guláns
  • Rampas Gran Vía
  • Arte urbano en Vigo
  • Navidad de Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Festa da Zorza
  • Festas Alivio Tomiño
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Rexións do espazo atlántico impulsan en Vigo unha rede internacional arredor da biotecnoloxía azul

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/01/2024

Cun orzamento de 2,3 millóns de euros e no marco da convocatoria Interreg Atlantic Area, este xoves botou a andar en Vigo o proxecto europeo Marinnonet, que ten como finalidade mellorar as capacidades de innovación e transferencia das rexións do espazo atlántico no eido da biotecnoloxía azul. Liderado polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM, no consorcio están implicadas institucións e empresas como a Estación Marina de Plentzia da Universidad del País Vasco, o Banco Español de Algas da Universidad de las Palmas de Gran Canaria, o Instituto Español de Oceanografía do CSIC (IEO), University of Galway (Irlanda), a Universidade do Minho (Portugal), a Estación Biolóxica de Roscoff da Universidade da Sorbona, Munster Tecnological University (Irlanda), o cluster Pôle Mer Bretagne Atlantique (Francia) e AsociaÇao Nacional para os Biorecursos Marinhos e Biotecnologia Azul (Portugal).

A finalidade do proxecto, de tres anos de duración e liderado polo director do grupo de investigación PhysToFish, José Luis Soengas, é reunir nunha rede de cooperación transnacional os actores da cuádrupla hélice (academia, administración, empresas e sociedade) de España, Francia, Portugal e Irlanda dedicados á I+D+i de biotecnoloxía mariña. Esta rede permitirá potenciar a capacidade de innovación do sector en tres campos de actuación: innovacións para unha acuicultura eficiente, sostible e resiliente; tecnoloxías ómicas de observación para preservar a biodiversidade mariña e restaurar a saúde do océano; e produtos mariños para aplicación industriais. Desta forma, lograrase a explotación conxunta das súas competencias e capacidades en beneficio da innovación azul para asegurar a súa competitividade na economía azul europea e mundial e o uso sostible dos recursos mariños, contribuíndo á adaptación ao cambio climático.

Másnoticias

Sabores tradicionales, mariachis y sorpresas en la fiesta gratis que México celebra en Vigo

11/09/2025
Archivo - Producción de vehículos/fábrica de automóviles/Berlingo/planta de coches
- GRUPO PSA - Archivo

Alertan de un posible "impacto" en Stellantis Vigo por la producción de furgonetas en Turquía

11/09/2025

“Un grande exemplo de colaboración transnacional”

Na reunión de lanzamento deste xoves, a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, sinalou que “este proxecto supón unha promesa para o avance da biotecnoloxía que será clave para a sostibilidade futura do espazo atlántico”. Rubio destacou que Marinnonet é “un grande exemplo de colaboración transnacional e de como a cooperación é moito máis beneficiosa que a competición” e incidiu en que “o uso das capacidades do espazo atlántico establecendo no centro o obxectivo de adaptación ao cambio climático e o uso da biotecnoloxía mariña para mellorar o futuro das novas xeracións é unha característica primordial desta rede”.

Pola súa banda, o director do CIM, Daniel Rey, recalcou que “moitas destas colaboracións xa existían previamente en estruturas como o Campus do Mar e proxectos como o BlueBioLab, por exemplo, pero é unha característica fundamental para o éxito do proxecto e para o avance da investigación mariña”. Ademais, agradeceu aos socios “ter creado a oportunidade de establecer unha rede transnacional de cooperación en I+D+i co obxectivo principal de fomentar actividades de biotecnoloxía mariña impulsadas polo mercado e garantir a utilización efectiva dos seus resultados aproveitando as capacidades das rexións do espazo atlántico”.

O responsable do CIM tamén quixo destacar “o interese do proxecto en harmonizar a mellora da capacidade de innovación no sector da biotecnoloxía azul cos obxectivos de preservación do ecosistema e adaptación ao cambio climático”, engadiu. Pola súa banda, o responsable do proxecto, o catedrático José Luis Soengas, avanzou que agarda que “a iniciativa colleite grandes éxitos e que a rede creada se manteña no futuro”.

Inicio do proxecto

Na fase inicial do proxecto realizaranse reunións de innovación aberta e co-creación para establecer as temáticas, desafíos e oportunidades comúns do territorio organizados arredor de tres campos de acción: acuicultura eficiente, tecnoloxías ómicas e subprodutos mariños para aplicacións industriais. A partir de aí, o proxecto lanzará convocatorias internas de proxectos piloto que ofrezan solucións prácticas a estes desafíos, dando lugar así á transferencia real deste coñecemento ao mundo empresarial e á sociedade.

Cooperación internacional

Xunto co CIM e resto de entidades do consorcio, colaboran como asociados neste proxecto o Centro Interdisciplinar de InvestigaÇao Marinha e Ambiental (CIIMAR) de Portugal, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco), o Blue Bioeconomy CoLAB (Portugal), a Hazi Fundazioa, a Sociedad de Promoción Económica de Gran Canaria, a Irish Bioeconomy Foundation (Irlanda), o grupo de acción costeira GALP Ría de Vigo e o grupo de acción local pesqueiro do país vasco Itsas Garpen Elkarta Flag.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Valença suma un nuevo atractivo turístico con la inauguración de estas nuevas pistas deportivas

...

PorMetropolitano
11/09/2025
Archivo - Producción de vehículos/fábrica de automóviles/Berlingo/planta de coches
- GRUPO PSA - Archivo
Enfoque

Alertan de un posible "impacto" en Stellantis Vigo por la producción de furgonetas en Turquía

...

PorEuropa Press
11/09/2025
Enfoque

Denuncian la saturación en Correos de O Porriño con cientos de cartas sin entregar

...

PorUxía Pérez
11/09/2025
Ricardo Rubio - Europa Press
Enfoque

La Xunta contrató con Feijóo como presidente 13 informes a la consultora ligada a Montoro

...

PorMetropolitano
11/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X