Salceda amencía o domingo coa triste nova do pasamento de Justo González, coñecido por ser un dos fundadores da banda de música da vila, ademáis de pola súa pertenza á mítica Orquestra Sur, e por rexentar unha zapatería durante moitos anos no centro da vila, na que misturaba a venta de zapatos coas clases de solfexo que impartía a ducias de nenos e nenas en plena zapatería.
Que Justo era unha persoa especialmente querida pode comprobarse facendo un percorrido polas numerosas mostras de afecto verquidas nas redes sociais por familiares e amizades, pero sobre todo polas expresadas por moitos deses nenos e nenas que pasaron pola súa zapatería a estudar música e que hoxe en moitos casos se teñen convertido en profesionais da música ao longo de todo o mundo. E é que o estado de alarma fixo ademais imposible ese último adeus presencial a Justo, polo que foron as redes as que trasladaron todos eses sentimentos á súa familia, a modo de despedida pública.
Justo era desas persoas boas, que tamén o Concello quixo recoñecer nomeándooo “salcedense distinguido” alá polo ano 2015, en recoñecemento a unha vida de paixón incondicional pola música. E é que esa era a súa maior paixón, reflexada sobre tódalas cousas na Banda Cultural de Salceda, “a súa banda”, encargada de darlle o último empuxonciño de ánimo cando xa nos seus últimos días no hospital puido ver a nova que o telexornal lle adicou polo seu traballo no confinamento, tal e como unha das súas netas recoñecía tamén a través das redes sociais.
Justo foise coa alegría de ver como a súa querida banda recuperou décadas despois a que foi a súa orquestra, a Sur, que ademais contou co seu último e máis especial alumno, o seu bisneto. A casualidade quixo que tan só dez días antes fose a súa muller a que partise, nunha separación que durou demasiado pouco, e que deixou a toda a vila coa sensación de que se estaban esperando. Sen dúbida Salceda non esquecerá a Justo, unha desas persoas que se fixo querer alá por onde pasou.
Vigo suma sabor a su Navidad con el food truck del famoso chef Dabiz Muñoz. Vuelve "Pollos Muñoz", que ya arrasó en su última visita
Las obras de construcción de Gol ya no permiten ver con claridad parte del césped y la totalidad de las tres gradas de Balaídos
Vigo y su área disfrutan de un otoño inusual con días de calor y sol. Una situación que está a punto de cambiar porque ya se prevén lluvias
El Náutico de Vigo renuncia al servicio de hostelería. El club ha despedido a parte de la plantilla, que siente "desprotección"
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL