O Concello de Salceda de Caselas vén de facer efectivas as primeiras sancións por non recoller os excrementos das mascotas nas vías públicas. As sancións, por un importe de 300 € que se verá incrementado en caso de reincidencia, veñen a “intentar solucionar un problema de ornato público que en determinados momentos resulta demasiado reiterado no casco urbano da vila, coas consecuentes molestias ao tráfico peonil”, explican dende o Goberno municipal.
Tras unha campaña informativa con advertencias da Policía Local aos incívicos, estanse xa a facer efectivas as primeiras sancións. Ademais, dende o Concello incidirase tamén na obrigatoriedade de levar as mascotas atadas naqueles parques e espazos públicos nos que estea permitido acceder con mascotas, lembrando que existe unha zona habilitada para o esparcemento das mascotas na rúa Mártires de Sobredo, fronte ao novo centro de saúde.
Máis alá de ter que cumprir con sancións económicas, “o mal hábito de non recoller os excrementos dos cans pode contribuír á proliferación de microorganismos patóxenos e a que xurdan problemas de saúde pública, pois os excrementos fíltranse no terreo coas choivas, coas consecuencias que elo conleva”, lembran dende o Concello.
“O feito de recoller os excrementos das nosas mascotas é un acto de respecto cara aos nosos vecinos e veciñas, o cal resulta fundamental para a vida en sociedade. Só coa implicación de todos e todas podemos conseguir a vila limpa e fermosa que queremos”, aclara a rexedora local, Loli Castiñeira.
El Centro Comercial Gran Vía protagoniza la Navidad más solidaria de Vigo: así fue el acto lleno de magia, música y mucha luz
El BNG señala que "Caballero ha cruzado todas las líneas rojas tratando las alegaciones como papel higiénico para imponer su PXOM"
O Castro no volverá a cerrar por el deterioro de su acceso. Vigo busca renovar el rostro de esta joya de su patrimonio
La Fiscalía atribuye a Ángel un delito de asesinato con la agravante de parentesco y de género y dos delitos de lesiones psíquicas graves
En Oceanografía, está entre las 200 mejores (en el tramo 151-200) y en Ciencias Agrícolas entre las 300 (en el tramo 201-300)
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL