A inspección de servizos sanitarios da Consellería de Sanidade vén de denunciar a existencia de mensaxes publicitarias e puntos de venda relacionados coa probas diagnósticas da covid-19 (PCR, test de anticorpos, antíxenos,...), realizados por entidades que non dispoñen de autorización sanitaria. Ao respecto Sanidade lembra que está prohibida a prestación de actividades sanitarias sen a debida autorización.
En aras de protexer á poboación de prácticas irregulares, o departamento sanitario galego subliña que, no ámbito clínico, só se poden realizar este tipo de probas nos centros de diagnóstico autorizados pola Consellería de Sanidade e rexistrados no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios.
Á marxe destes centros sanitarios autorizados, a Xunta alerta de que "esta actividade sanitaria non ten garantida nin a súa seguridade nin a súa fiabilidade" e, por tanto, desaconséllase a súa utilización, xa que non se verificou o cumprimento dos requisitos técnico-sanitarios esixidos para a súa autorización.
Neste tipo de probas, tanto a prescrición como a súa interpretación debe estar mediada por un profesional sanitario, para evitar que, unha mala interpretación do resultado, conduza a consecuencias negativas de calquera índole.
Para evitar eses danos, Sanidade remarca que está prohibido publicitar directamente ao público estes produtos sanitarios, por requirir que a súa aplicación sexa por parte de profesionais sanitarios.
En canto aos reactivos, produtos, materiais, instrumentos, etc. utilizados para a realización de probas diagnósticas co obxecto de detectar a infección por coronavirus, Sanidade lembra que son produtos sanitarios de diagnóstico in vitro, e para a súa comercialización en España deben de cumprir coa normativa establecida.
Na actualidade, os test para o diagnóstico da covid-19 que se atopan no mercado europeo están indicados unicamente para ser usados por profesionais sanitarios. Ademais, teñen que estar provistos do marcado CE, distintivo que declara a conformidade do produto cos requisitos de seguridade, eficacia e calidade establecidos na lexislación, e que debe figurar na etiquetaxe e nas instrucións do produto e, en ningún caso, están clasificados como de uso doméstico.
Inestabilidad para Vigo toda la semana. Habrá lluvia, sí, pero también algo de calor, mucho viento y alerta amarilla. ¡Vaya forma de empezar!
Un concello de Pontevedra quiere poner en valor sus aguas mineromedicinales. A menos de una hora de Vigo, sumará un nuevo parque termal
Vigo prepara una revolución en el hilo musical de la Navidad. Habrá más de 200 canciones en castellano, inglés, gallego, portugués e italiano
Rápida intervención de los bomberos en pleno centro de Vigo. Los vecinos alertaron al 112 por una gran humareda en un edificio
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL