Seis actividades que podes realizar na biblioteca do Porriño

Publicidad

A Biblioteca Municipal do Porriño segue a súa programación de cursos e actividades para 2017, co obxectivo de que a mesma siga a ser un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e un servizo público de importancia na sociedade actual.

Con esta finalidade, vence de abrir as inscricións para cursos e actividades de balde-con prazas limitadas- nas que teñen prioridade as persoas empadroadas no Porriño.

Club de lectura para adultos

Un luns cada quince días os participantes poderán formar parte do club de lectura para adultos no que se dan cita coas mellores novelas e libros do momento para despois intercambiar opinións sobre os mesmos.

Cada determinado tempo prográmase a lectura dun libro en concreto, que a biblioteca facilita a cada participante. Cada un lee o libro na casa para despois reunirse xuntos e comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior.

Nestas reunións debátese sobre o que se ten lido na casa, como o estilo literario, a acción ou os personaxes, aínda que é bastante frecuente que a charla acabe derivando cara as vivencias e experiencias propias de cada un dos asistentes. Tamén se realizan actividades paralelas, como visionado de vídeos ou xogos. Neste caso requírese inscrición previa xa que ten un número máximo de participantes.

· Luns alternos, de 18:00 a 20:30 horas.

Club de lectura infantil

Está destinado a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e busca fomentar a lectura nos máis cativos. O club de lectura infantil reúnese un venres cada quince días entre as 18:00 e as 19:30 horas.

· Venres alternos, de 18:00 a 19:30 horas.

Grupo de Conversa en alemán

Se estás a aprender alemán, unha boa opción pode ser practicar con outros que estean na mesma situación. Por isto, o grupo de alemán reúnese todos os partes entre as 18:30 e as 19:30 horas e, neste caso, non require ningún tipo de inscrición previa. Non se trata de clases de idioma, senón un espazo no que conversar con outras persoas interesadas.

· Martes, de 18:30 a 19:30 horas.

Grupo de Conversa en inglés

Do mesmo xeito que do alemán, tamén existe un grupo de conversa de inglés nas instalacións da Biblioteca Municipal do Porriño. Hai dúas opcións segundo o nivel, podendo participar no básico, os martes de 18:00 a 19:00 horas, ou no intermedio, tamén os martes, pero de 19:16 a 20:15 horas.

Alfabetización dixital

Esta actividade está pensada para adultos, maiores de 50 anos, cun reducido coñecemento sobre o uso do ordenador e de internet, así como cun baixo aproveitamento do acceso á información que se pode manexar coas novas tecnoloxías.

· Mércores, de 10:00 a 11:30 horas

Fotografía Dixital

Trátase dunha actividade para dar a coñecer o funcionamento básico dunha cámara réflex e ensinar técnicas básicas que permitan explotar a creatividade dos/das participantes. Tamén se presentará unha aplicación informática para realizar revelado dixital.

· Venres 20 e 27 de outubro de 17:00 a 20:00 horas

As persoas interesadas poden dirixirse á propia Biblioteca Municipal ou entrar na súa páxina web.

Salir de la versión móvil