FEST Galicia presentou hoxe os resultados do informe de avaliación do impacto económico e social do SonRías Baixas de Bueu, segundo o que o festival xerou un impacto de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsou este estudo no marco das accións desenvolvidas ao abeiro da marca creada este ano pola Xunta para promover Galicia como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
Un equipo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi o encargado da recollida e tratamento dos datos, conseguidos a partir de 1.261 enquisas durante a 16ª edición do festival, celebrada entre o 2 e o 4 do pasado mes de agosto, así como das cifras manexadas pola organización. Así o explicaron na presentación pública do informe Jacobo Sutil, director da Agadic; Félix Juncal, alcalde de Bueu; Jordi Lauren, director do SonRías Baixas; e Fran Núñez, codirector do estudo.
O festival, que rexistrou unha ocupación media superior ao 85% e 21.800 visitas durante os tres días, tivo como perfil de asistente máis común o dunha muller nova, de 18 a 24 anos, galega e estudante, que acudiu ao evento en grupo e atraída prioritariamente pola súa programación musical.
Tendo en conta tanto a mocidade como a situación laboral do público medio, resulta especialmente relevante a cifra de gasto por persoa e día que se aproxima aos 43 euros. Este impacto económico de 1,14 millóns de euros na comarca supón un retorno de entre 3,14 e 3,61 euros por cada euro investido polo festival. Estas cifras increméntase no caso da achega da Xunta a través das subvencións da Agadic a festivais profesionais de música, situándose entre 38,6 e 44,52 euros por cada euro dos preto de 23.500 adxudicados este ano ao SonRías Baixas, un dato que –nas palabras de Jacobo Sutil– dá conta da optimización do investimento público neste tipo de eventos.
A valoración dos asistentes, que lle conceden a esta 16ª edición unha nota de 7,8 sobre 10, é outro dos datos salientables do informe. Así, na puntuación dos servizos superan o 8 sobre 10 a localización e integración na contorna, a puntualidade dos concertos, o sistema de compra de entradas e mais o trato do persoal. Estas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: mellora o coñecemento da localidade (8,94) e a súa imaxe (8,06), atrae turismo (8,65) e xera impacto económico (8,94) e orgullo local (8,03).
Vigo sube esta temporada la Navidad a otro nivel con adornos que brillarán todo el día: los más destacados ya lucen en Príncipe
"Este es el primer paso necesario para poder tener una N-120 segura para todos", aseguran desde la Plataforma pola mellora da N-120
La Xunta de Galicia ha anunciado que habrá un nuevo Bono Activa Comercio antes de terminar el año. También lo habrá en el 2026
El Centro Tecnológico de Automoción de Galicia ha reafirmado su compromiso con los proyectos e inversiones en curso
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL