Un ano si, pero dous nin de broma. Esta podería ser a frase que resume o espírito do Entroido de Castro Barreiro e A Feira, os dous barrios de Salceda de Caselas que protagonizan o enfrontamento máis importante da festividade galega. A centenaria batalla entre estes dous barrios do concello pontevedrés resistiu a todas as adversidades. Non puido en 2021 facelo contra a Covid, pero neste 2022 este evento consolidouse como a gran cita da “resistencia” non só ao loitar contra a pandemia, senón contra a choiva e a noite.
O reloxo foi o gran aliado dos barrios da Feira e Castro Barreiro para que Salceda de Caselas puidese gozar dous anos despois dunha das citas más singulares do seu imprescindible Entroido. O enfrontamento entre ambas estaba previsto para as 17:00 horas. Mentres outros concellos como O Porriño ou A Guarda cancelaban as súas citas carnavalescas, Salceda optaba por pospoñer o comezo do evento, que finalmente comezou arredor das 19:10 horas. Un inicio que se fixo, ademais, cunha choiva que obrigou a algúns participantes da Feira, a primeira en abrir fogo esta tarde en Salceda, a abrir o paraugas.
Pero a chuvia foi unha simple ameaza. A Feira puido amosar antes do solpor a beleza e o colorido do seu vestiario, nunha caracterización na que a gran protagonista sería a estética Steampunk, mestura elementos da ciencia ficción, a fantasía ou o retrofuturismo, tres elementos que forman parte das obras de autores como Xulio Verne. As coreografías non podían faltar neste enfrontamento no que centenares de asistentes puideron gozar de novo coas frases que o speaker lanzaba ao seu adversario de Castro Barreiro, que agardaba para facer a súa réplica.
O ruxir das motos, bicicletas, unha carroza protagonizada por un globo e esas coreografías tan características desta cita levaban o espírito do Entroido ás principais rúas de Salceda no gran enfrontamento do Entroido galego. Unha vez se fixo de noite, Castro Barreiro amosaba a súa proposta, o universo Pokémon. Pikachu, o Team Rocket, Meowth, Ash Ketchup ou Bulbasaur eran as principais armas de Castro Barreiro para impoñerse ante A Feira.
As máscaras eran o selo de que estábamos ante un enfrontamento que tivo lugar en plena pandemia. A maxia do Entroido regresou grazas a unha das súas grandes citas. O enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira volveu reunir todos os ingredientes de edicións anteriores: colorido, música en directo, moita sátira e moita, moita troula.
(Se non podes ver a galería, fai clic aquí)
Mariscadoras, científicas y artistas unidas en un proyecto común: la búsqueda de un futuro sostenible para el marisqueo gallego
Uno de los históricos quioscos de Vigo busca un nuevo futuro. Las administraciones de Lotería llegan a venderse por hasta 300.000 euros
El concurso de la Xunta se salda con un ganador que basa su proyecto en astilleros de ribera, las bateas del mar o los furanchos
"No podemos aceptar que el PP vuelva a usar Vigo como banco de pruebas", denuncia el BNG. Así ponen el foco en el Olimpia Valencia
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL