O Concello de Tomiño atópase nun proceso de rexeneración vexetal da zona boscosa da Atalaia, próxima á Ponte da Amizade, e de gran valor medio ambiental, incluída dentro da Rede Natura 2.000. Tanto o Concello coma a familia do pintor Xavier Pousa -propietaria dunha parte dos terreos- promoveron nos últimos anos a corta de grandes eucaliptos e a posterior eliminación dos rebrotes. Ambas vontades conflúen nun proxecto para erradicar especies invasoras como “eucaliptos comúns”, “acacias negras” (ou australias) e outras plantas exóticas, coma a “Herba da Fortuna”, “tintureira” ou “falsos bambús”, que poñen en perigo a recuperación das plantas autóctonas do estrato herbáceo dos bosques nativos.
Nesta zona, mantense unha ruta con sinalización de plantas características do bosque de ribeira, como as carballeiras galaico-portuguesas que se mantiveron na Atalaia. Tamén levouse a cabo a plantación de especies típicas coma “érbedo”, “carballo”, “abeleira”, “pradairo”, “soldaconsolda”, etcétera.
Xurxo Mouriño, biólogo da empresa Arcea, contratada para dirixir as tarefas, explica que só no derradeiro ano, elimináronse máis de 1.500 “eucaliptos” e 400 rebrotes; 3.100 exemplares de “Herba tintureira” e 700 metros cadradados de “Herba da fortuna”; 300 de “acacia negra” e 260 de “camiceira”. “Hai tres anos isto era un eucaliptal; na actualidade queda aínda un cuarto do que había inicialmente. Facemos quendas periódicas de traballo para controlar os rebrotes. A idea do Concello é a de crear un espazo verde para a cidadanía”, comenta o experto.
Varias veces ao ano, a Concellaría de Medio Ambiente do Concello tomiñés, que na actualidade dirixe Ana Belén Casaleiro, organiza quendas de limpeza, botando man tamén de persoas voluntarias da OMIX e doutras entidades sen fins de lucro, coma a Comunidade Terapéutica Alborada, con sede en Piñeiro (Tomiño), ou Avelaíña da Guarda. Precisamente esta semana tivo lugar unha desas saídas, nas que se traballou intensamente para manter a raia a vexetación invasora; especialmente a “Herba da fortuna”, planta de orixe sudamericano, introducida no seu momento coma especie ornamental.
Un restaurante de Vigo presenta su receta para el concurso de la Mejor Pizza de España. Esta es su combinación de sabores
Vigo tiene tan solo 10 días para ultimar todo el montaje de la Navidad. Así se encuentran sus principales atracciones ahora mismo, ¿llegará a tiempo?
Decenas de personas se concentrarán en Redondela para denuncian lo que consideran una "estafa" de Viaxes Loa. Así se encuentra el caso
Vigo tendrá uno de los primeros locales en Galicia de esta famosa hamburguesería. Solo cocine 200 smash burgers al día y es viral
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL