• Fiestas de Coia Vigo
  • Proyecto piscinas O Porriño
  • Feira do Libro Vigo
  • Festas do Monte A Guarda
  • Bienal de Pontevedra
  • Nueva tienda Vigo
  • Arte calles Vigo
  • Festival Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Tui estrea os seus dous renovados parques financiados pola Deputación de Pontevedra

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
12/08/2021

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron este xoves as áreas recreativas de Bornetas e da Gándara financiadas con preto de 190.000 euros do Plan Concellos da institución provincial. As dúas remodeladas áreas recreativas forman parte dun proxecto máis amplo que o Goberno local ten en marcha para mellorar as zonas de ocio da infancia e crear espazos biosaudables para o público adulto. “Con estes renovados espazos – destacou a presidenta Carmela Silva- novamente o goberno de Tui demostra o seu compromiso coa veciñanza, poñendo no centro da acción política ás persoas, as verdadeiras protagonistas, a través da creación de espazos de encontro de calidade para o desfrute da cidadanía”.

O investimento total que achegou a Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos, á remodelación das áreas recreativas ascende a 188.000 euros en total, e inclúen non soamente elementos infantís senón tamén aparellos biosaudables.  No caso da área recreativa en Bornetas o investimento foi de preto de 90.000 euros, e na área recreativa da Gándara, en Guillarei, ascende a máis de 100.000 euros.

Másnoticias

Foto: Concello do Rosal

O Rosal tendrá gratis en agosto cine al atardecer con chocolate caliente

24/06/2025

Esta es la singular joya natural que Tomiño protege desde hace más de 250 años

22/06/2025

As actuacións

A renovada área recreativa de Bornetas está situada a carón do CRA Mestra Clara Torres. O ámbito do parque infantil abrangue 346 metros cadrados e conta con pavimento de caucho continuo e céspede artificial con base amortiguante. Amais, inclúe diferentes tipos de xogos entre os que se atopan unha montaña, un arrandeadoiro de dobre asento e asento para bebés, un balancín, xogos de cesto e abella e dúas torres con escaleira colgante e muros de escalada. Tamén incorpora elementos biosaudables para o público adulto con aparellos para traballar a zona de cintura, esquís de fondo, elevadores e bicicletas estáticas.

No caso da parque da Gándara en Guillarei creouse unha área con dúas zonas: unha de 650 metros cadrados onde se sitúan os xogos e a tirolina, e outra de 190 onde se instalan os aparellos biosaudables e as mesas de xogos (ping-pong e xadrez).  A zona infantil conta con pavimento de seguridade con céspede artificial con base amortiguante e elementos para a rapazada como unha tirolina, un arrandeadoiro tripla, dúas torres con muros de escaladas e redes de corda, outra torre con escaleiras e tobogán, unha pequena cabana, un pato, un coello e un balancín sapo. En canto aos elementos biosaudables inclúense aparellos de cintura, de esquí de fondo, elevadores e bicicletas estáticas así como unha mesa de ping-pong antivandálica e un conxunto de mesa e bancos con taboleiro de xadrez.

Temas: O Baixo MiñoTui
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Boom Box Outlet
Enfoque

Aterriza en Vigo una tienda con paquetes sorpresa y devoluciones de Amazon, Shein y AliExpress

Vigo tendrá desde este miércoles con una nueva tienda. Vende paquetes sorpresa de Amazon, Temu o AliExpress y ropa de Shein

PorIván Dacal
24/06/2025
Enfoque

El PP lamenta que Caballero "ha hecho todo lo posible por cargarse" las fiestas de Coia

La portavoz del PP dice que Caballero "se escuda en una errónea defensa de la seguridad para impedir la celebración de estas fiestas"

PorEuropa Press
24/06/2025
Enfoque

O Porriño proyecta un complejo de piscinas naturales en el paseo del río Louro

El alcalde de O Porriño avanza los planes para la nueva zona de ocio en el Louro. Apunta que la prioridad es el saneamiento en el rural

PorÁngel Vila
24/06/2025
Enfoque

¿Cómo justifica el Concello de Vigo no dar permiso a las Fiestas de Coia? Así es el informe interno

El informe enumera una serie de deficiencias críticas en el plan que, según el Concello, ponen en riesgo la seguridad de los asistentes

PorÁngel Vila
24/06/2025
Enfoque

O Campus Auga financia seis proxectos de I+D con potencial de explotación e impacto no mercado

PorMetropolitano
23/06/2025

Abranguen desde a loita contra o nematodo da pataca ata IA aplicada á enerxía solar

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X