• Cierre parques Vigo
  • Encendido Navidad Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Magosto Vigo
  • Fiesta Vigo
  • Concierto Vigo
  • Magia en Vigo
  • Circo Nadal
  • Pueblo mágico Galicia
  • Ruta senderismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un cento de profesionais debaten no campus os retos e oportunidades da IA no sector loxístico

Un cento de profesionais debaten no campus os retos e oportunidades da IA no sector loxístico
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
21/05/2025

120 profesionais participaron este martes en Vigo no XXXI Seminario de Loxística, un encontro profesional que cada primavera reúne na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a un destacado número de profesionais que abordan neste encontro os principais retos e oportunidades aos que se enfronta un sector marcado pola chegada das tecnoloxías disruptivas que redefinen as dinámicas tradicionais, entre elas, a Intelixencia Artificial, unha grande aliada á hora de optimizar procesos e responder ás exixencias dun mercado cada vez máis áxil e globalizado.

Déronlles a benvida o responsable das xornadas, o catedrático José Carlos Prado, xunto ao director da escola, José Fariña, quen salientou a importancia de celebrar este tipo de encontros profesionais no centro, “xa que nos fan visibles na contorna empresarial e industrial, que é tamén un dos nosos obxectivos como centros”. A través de diferentes relatorios as xornadas deixaron claro que a IA non é unha promesa de futuro, senón unha realidade do día a dia das persoas que traballan en loxística, “un nome que pode que estea un pouco en desuso, pero que nós preferimos manter fronte a outras denominacións como blockchain”, explicou Prado.

Másnoticias

Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

05/11/2025
Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

04/11/2025

Ferramentas “que se xustifican solas”

Contouse coa participación de destacados especialistas nesta materia. Os primeiros en intervir foron Antonio Hernández e Catalina Losada, de Serveo, multinacional de servizos, “con actividade sobre todo en España e Portugal, con máis de 60.000 empregados, 2.000 millóns de euros de facturación e presenza en case todos os sectores da vida diaria, desde servizos de xestión a bordo do AVE ata traballos para as universidades ou supervisión de torres de control, entre elas a do aeroporto de Vigo”, explicou Hernández. Na súa charla expuxeron diferentes exemplos de innovación na Unidade de Intelixencia de Procesos desta empresa, facendo mención non só a IA, senón tamén a outras moitas cuestións: vehículos autónomos, xeolocalización, programas de baixo custe…

Nos casos prácticos fixo tamén fincapé o docente da Área de Matemática Aplicada da Universidade de Vigo Javier Martínez Torres, recoñecido divulgador no eido da intelixencia artificial e ‘cloud computing’, almacenamento de datos na nube. Responsable tamén da firma viguesa Possible, empresa tecnolóxica especializada en auditar, planificar e pór en marcha plans de transformación dixital para empresas, Martínez Torres buscou coa súa intervención facer conscientes ás persoas asistentes de que a IA está omnipresente no mundo empresarial. “Todo o mundo busca en PDF, todos procuramos información, todos cubrimos follas de Excel… A IA impacta na administración, nos recursos humanos, na xestión de recursos e, en xeral, en absolutamente todas as áreas dun negocio”. Desde o seu punto de vista, o principal reto “é que a xente teña ordenada a súa casa a nivel de datos, o que non é doado nunha empresa”, dada a cantidade de cuestións que se manexan. A continuación, resulta básico que o responsable da firma “crea nisto e sexa un visionario, no senso de que sexa consciente de que é algo que aforra moito tempo e ten un retorno moi inmediato”. A partir de aí, trátase de empezar a probar “a mellor maneira de decatarse de que son ferramentas que se xustifican solas e que se poden empregar en moitísimos casos de uso”.

A situación en Galicia é boa, tanto nas empresas como nas universidades

Á pregunta de como se atopa Galicia en canto á implantación da IA, Martínez Torres ten claro que a situación é boa, “non en van a AESIA, que é a policía da IA, ten sede na Coruña, por algo será, sobre todo se temos en conta que somos o primeiro país de Europa que a ten; ademais, as universidades teñen moito talento de IA e nas empresas hai tamén un polo importante”. As xornadas, que rematan cun xantar na Cidade Universitaria, incluíron tamén a participación de David Silveira, de Oia global, multinacional americana experta en servizos loxísticos para múltiples sectores, e de Pedro Amorim, profesor da Universidade do Porto e socio en LTPlabs, experto no mundo da loxística do comercio electrónico.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vialia Vigo arranca su transformación de Navidad con estos photocalls
Enfoque

Vialia Vigo arranca su transformación de Navidad con estos photocalls

...

PorSara Rodríguez
05/11/2025
El aeropuerto de Vigo, el más puntual de España por delante del de A Coruña y Barajas
Enfoque

Reclaman convertir el aeropuerto Peinador en un Lugar de Memoria Democrática en Vigo

...

PorEuropa Press
05/11/2025
El temporal arremete contra la decoración de Navidad en Vigo y deja vientos de 150km/h en Galicia
Enfoque

El temporal arremete contra la decoración de Navidad en Vigo y deja vientos de 150km/h en Galicia

...

PorEuropa Press
05/11/2025
Vigo no se libra del fuerte temporal que deja intensas lluvias en toda Galicia
Enfoque

La Xunta anuncia restricciones en Vigo al decretar la alerta naranja por lluvias

...

PorMiguel Alonso
04/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años
Qué hacer

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

PorMetropolitano
05/11/2025

Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X