• Cierre parques Vigo
  • Encendido Navidad Vigo
  • Bono Comercio Galicia
  • Magosto Vigo
  • Fiesta Vigo
  • Concierto Vigo
  • Magia en Vigo
  • Circo Nadal
  • Pueblo mágico Galicia
  • Ruta senderismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal

Un cento de voces para amosar o que significa ser muller nun mundo patriarcal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/07/2025

Cando a profesora da Facultade de Filoloxia e Tradución María Méndez Santos lles explicou a súa idea, as tamén docentes Ana Varela Suárez e Susana Rodríguez Barcia non dubidaron en subirse ao carro. A súa proposta era compilar nun só volume as consideracións de todo tipo de mulleres sobre a súa propia condición feminina, sobre as dificultades que enfrontaron ao longo da súa vida e os consellos que lles gustaría ter recibido. Coa ilusión, esforzo e compromiso das tres, o libro Voces de mujeres. 100 voces, 100 vidas, 100 historias compartidas acaba de saír do prelo editado polo Servizo de Publicacións da UVigo.

A idea de Méndez viña de anos atrás, pero foi a finais de 2023 cando comezou o proceso de contactar coas protagonistas e iniciar o deseño xeral do proxecto. O volume coral recolle as historias vitais, reflexións e testemuñas de 100 mulleres de diversas orixes, procedencias e condicións sociais, todas elas contemporáneas, “o que constitúe unha das riquezas do libro”, destacan as editoras. “Son voces vivas de todas as idades e con diferentes condicións sociais e económicas” e, a través delas, as e os lectores poden achegarse ao que significa ser muller nun mundo patriarcal e recoñecer e visibilizar todas as experiencias e situacións ás que se enfrontan ao longo da vida.

Másnoticias

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

04/11/2025

Vigo inicia los trámites para poner en marcha el Observatorio de la Vivienda

31/10/2025

Escoller 100 voces tan diversas como representativas

Un dos principais retos do proxecto foi a selección das 100 voces de mulleres. Como detalla a profesora do Departamento de Lingua Española Susana Rodríguez Barcia, “a escolla tivo en conta a representatividade de todos os perfís posibles: mulleres de distintas orixes xeográficas con culturas igualmente diversas, mulleres con e sen formación académica, mulleres con distintas profesións ou dedicadas á familia, mulleres migrantes, mulleres máis recoñecidas e mulleres completamente anónimas”. Como recoñece a docente, “non é posible ofrecer un abano completo de todas as mulleres do mundo, pero tratamos de dar voz a unha multiplicidade de perfís”. Algunhas delas foron contactadas sen coñecemento previo do proxecto, mentres que outras eran persoas das contornas da autoras “con importantes historias detrás”.

O proceso levoulles máis ou menos un ano (“algo máis para poder traducir algúns dos textos”) e algunhas das persoas contactadas inicialmente deixaron o proxecto “debido ao exercicio íntimo que lles supuña afondar na súa experiencia, así que tivemos que contactar con outras para manter o número de 100 testemuños”. As docentes entenden “perfectamente” que falar “dende o máis fondo dos recordos pode ser complexo”, polo que agradecen a todas o esforzo, “tanto ás mulleres que non están como ás que están e tamén ás que quixeron estar pero non foi posible”.

Nas máis de 400 páxinas do libro as protagonistas reflexionan sobre as súas perspectivas vitais, dende o que implica ser muller en Uzbekistán, Xeorxia, Grecia, Hong Kong, Corea ou Irán, ata o feminismo, a menopausa ou a acción sindical agraria con perspectiva de xénero, pasando polo proceso de adopción, as mulleres na xudicatura ou a maternidade, entre outros temas e reflexións vitais.

Un exemplo de diversidade e discrepancia

Coa visibilización desta multiplicidade de voces e vidas de mulleres, o que buscan as editoras do libro é “rematar con esa despersonalización das mulleres coma se fosen un ente común, un conxunto homoxéneo. Non é así, a sociedade en xeral e o feminismo son, e deben ser, fonte de diversidade e incluso de saudable discrepancia”. Polo tanto, o volume, engaden, debe entenderse “coma un xeito de dar voz a quen non adoita ter ese espazo. Gustaríanos que a sociedade acollese o libro con amor, con respecto polas vidas alleas. Así, cando vexamos esas mulleres de Palestina enterrando e apertando forte as súas crianzas, comprendamos que tras esa imaxe hai un nome, unha mente chea de confusión, unhas expectativas vitais, un proxecto tan importante coma o noso: vivir. Pero non só de Palestina, tamén nos nosos contextos máis achegados. Todas as vidas importan”. O libro é, en definitiva, “un intento de conquistar algo máis de igualdade a través do discurso experiencial e tamén constitúe unha pequena guía para coñecer situacións que acompañan ou poden presentarse na vida das mulleres”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo no se libra del fuerte temporal que deja intensas lluvias en toda Galicia
Enfoque

La Xunta anuncia restricciones en Vigo al decretar la alerta naranja por lluvias

...

PorMiguel Alonso
04/11/2025
Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia
Enfoque

Estos son los ocho municipios que optan a ser el próximo "pueblo mágico" de Galicia

...

PorIván Dacal
04/11/2025
Abre el plazo para usar el Bono Comercio 2024 de la Xunta, que premiará a los más rápidos
Enfoque

Abre el plazo para descargar el Bono Activa Comercio en Galicia, aquí los descuentos y cómo usarlo

...

PorIván Dacal
04/11/2025
Nuevo récord de vehículos en Vigo y Caballero da por bueno el dispositivo de tráfico en el centro de la ciudad
Enfoque

Exigen al Concello un plan de tráfico para la Navidad de Vigo y crear aparcamientos disuasorios

...

PorPaula Carballo
04/11/2025
Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde
Qué hacer

Entre viñedos, un castillo y un santuario, así es la ruta cultural que propone la UVigo para el finde

PorIván Dacal
04/11/2025

La Uvigo propone una nueva ruta cultural por uno de los valles de Galicia. Así es este recorrido de 15 kilómetros por la zona del Bibei

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X