• Proyecto urbanístico Vigo
  • RBF Nigrán
  • Rehabilitación Vigo
  • CC Gran Vía
  • Vigo SeaFest
  • Festa da Cigala
  • Clanes Netflix
  • Ponte Caldelas
  • Irene Nortes
  • Rally Rías Baixas
  • Caso Saltamontes
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un colexio de Aldán participa nun proxecto que busca converter as escolais rurais en referentes

Un colexio de Aldán participa nun proxecto que busca converter as escolais rurais en referentes
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/08/2021

Nenos e nenas do CEIP Espiñeira, en Aldán, traballando conxuntamente con escolares do val de Aosta italiano ao igual que o fan estudantes da illa croata de Korkula con rapaces dunha aldea de Chipre... O proxecto europeo Green SEEDS (Sinergy and Environment to Empower Decentralised Schools) ten como principal obxectivo contrarrestar o risco de illamento das pequenas escolas rurais a través do debate e o traballo conxunto entre profesorado e alumnado de centros educativos situados no rural, en illas ou en montañas de cinco países do sur de Europa. Financiado polo programa comunitario Erasmus+, este proxecto implica o desenvolvemento de actividades formativas conxuntas entre escolas de España, Italia, Croacia, Grecia e Chipre baseadas no patrimonio natural e cultural das súas contornas. Actividades que deseñan e realizan conxuntamente docentes e escolares de diferentes países e que toman como punto de partida o programa formativo deseñado polo grupo de investigación Cies (Cooperación en Investigación para a Equidade Educativa e Social).

“O proxecto quere facer ver que as escolas rurais ou pequenas poden pasar de ser un problema, polo seu illamento, a ser un recurso, porque son escolas moi vinculadas á súa contorna, que poden axudar a combater o despoboamento, conectando a educación co medio ambiente e facilitando o desenvolvemento da comunidade”, salienta a catedrática Ángeles Parrilla, coordinadora do grupo responsable da formación dos preto de 60 docentes de diferentes niveis educativos dos cinco países que participan no proxecto. Os módulos deseñados polas investigadoras e investigadores da UVigo, dispoñibles en seis idiomas na web de Green SEEDS, serviron como base para as actividades, centradas en cuestións medio ambientais, que, valéndose de internet, ao longo deste curso desenvolveron por parellas 20 clases de pequenas escolas.

Másnoticias

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

18/06/2026
Moaña anuncia un verano de película con cine al aire libre gratis

Vuelve al área de Vigo el cine itinerante gratuito que proyecta películas "top" en las parroquias de Moaña

16/06/2026

Coordinado pola asociación italiana Glocal Factory, no proxecto Green SEEDS participan ademais da Universidade de Vigo, o instituto croata Vela Luka, a oficina responsable dos centros educativos da rexión italiana do Veneto, o instituto Bosco Chiesanova, a administración educativa da illa grega de Chios e o Synthesis Center for Research and Education chipriota. Segundo sinalan os seus responsables, este proxecto busca promover, a través de internet, a interacción entre docentes e estudantes que, “aínda que xeograficamente distantes, comparten realidades sociais e ambientais moi similares”. Nese senso, Parrilla destaca que o proxecto “pretende converter en recurso un tipo de escolas que soen ser as grandes esquecidas”, co obxectivo final de que toda esta serie de actividades vinculadas ao medio ambiente “poidan levarse ás escolas urbanas”. De feito, as e os participantes desenvolveron neste curso 20 actividades participativas centradas na natureza, biodiversidade e patrimonio forestal e mariño das súas contornas que o vindeiro curso presentarán a nenos e nenas de centros situados en contornas urbanas. “Produciríase así un fluxo de información e formación no sentido contrario ao tradicionalmente asumido, xa que son as escolas rurais, pequenas e ata illadas, as que serven de modelo e exemplo para a mellora das escolas urbanas”, apunta Parrilla.

Formación que parte da diversidade

No marco da súa liña de traballo en materia de diversidade e inclusión educativa, o grupo Cies responsabilizouse da primeira fase dun proxecto que, como lembra a súa coordinadora, implica traballar con “escolas moi heteroxéneas, nas que conviven, ás veces nunha mesma aula, alumnos diversos en idade, orixe, cultura e capacidades, con condicións persoais, sociais e familiares diferentes”. Concretamente, as investigadoras e investigadores da UVigo responsabilizáronse do deseño da formación impartida aos docentes dos diferentes centros, que a covid-19 obrigou a converter en virtual, e que se concretou nun toolkit, conformado por cinco módulos, e unha guía, que buscan facilitar a implantación conxunta dunha serie de unidades didácticas orientadas “á ensinanza en contextos de gran diversidade”, en aulas de diferentes países.

Dispoñibles na web do proxecto co obxectivo de que poidan ser empregadon por outros docentes, estes módulos, integrados cada un por tres unidades didácticas, abordan aspectos como “o papel da escola rural na contorna e como garantir o sentido de pertenza escolar do profesorado e do alumnado”, no primeiro, e as metodoloxías aplicables a centros e aulas caracterizadas pola diversidade, “propoñendo estratexias de personalización e diversificación da ensinanza e a aprendizaxe”, no segundo. O módulo tres afonda na colaboración entre docentes, mentres que outro dos bloques céntrase nas habilidades de comunicación e o quinto reúne unha serie de recursos e ferramentas para o traballo en rede de escolas de diferentes países, como WebQuest, “unha metodoloxía didáctica que supón un proceso de indagación e investigación baseado en recursos online por parte dos nenos e nenas”, que é a base das actividades desenvolvidas polos diferentes centros participantes.

Traballo conxunto de parellas de escolas de distintos países

Tras esta formación, a seguinte fase implicou o “emparellamento” das escolas participantes, como é o caso do CEIP Espiñeira cun colexio do val de Aosta (Italia), para traballar conxuntamente. “Os centros irmandados decidiron conxuntamente, a partir dunha serie de propostas, en que temas relacionados co medio ambiente ían traballar”, explica Parrilla. Deste xeito, as sesións de traballo foron deseñadas conxuntamente polo profesorado das dúas escolas, o que no caso do colexio de Aldán levounos a promover actividades relacionadas cos bosques ou coa presenza de plásticos nos océanos, que nenos e nenas compartiron á súa vez, por videoconferencia, cos escolares italianos.

“Para os nenos e nenas está a ser un proxecto moi enriquecedor e motivador, é unha formación participativa, que lles está dando voz e na que non só conectan e se responsabilizan da súa contorna, senón que fano abríndose a outras culturas e comunidades”, salienta Parrilla, que destaca tamén o positivo desta iniciativa para as e os docentes participantes e para o propio grupo de investigación. De feito, prevé que esta experiencia de cooperación internacional poida dar lugar á súa vez a traballos de investigación que complementen o proxecto. Do mesmo xeito, na actualidade Green SEEDS está traballando nun manifesto que sirva como punto de partida para a creación dunha rede europea de escolas de montaña, illas ou contornas rurais.

Temas: CangasO MorrazoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

De herramientas de IA a iniciación Dj, estos son los cursos que Redondela ofrece a jóvenes en verano
Enfoque

De herramientas de IA a iniciación Dj, estos son los cursos que Redondela ofrece a jóvenes en verano

...

PorMiguel Alonso
18/06/2026
El concierto de Castrelos más esperado por el público joven de Vigo, por 137.650 euros
Enfoque

El concierto de Castrelos más esperado por el público joven de Vigo, por 137.650 euros

...

PorAlfredo Teja
18/06/2026
Animación y conciertos en una gran fiesta de inauguración de una renovada zona de Tui
Enfoque

Animación y conciertos en una gran fiesta de inauguración de una renovada zona de Tui

...

PorMiguel Alonso
18/06/2026
Vigo embellecerá una de sus playas, avanza la transformación del entorno de O Vao
Enfoque

Suspendido el baño en una playa de Vigo por la rotura de una tubería

...

PorAlfredo Teja
18/06/2026
La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo
Enfoque

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

PorUxía Pérez
18/06/2026

La Universidade de Vigo ocupa el puesto 22º en la clasificación nacional subiendo dos peldaños con respecto a al ranking de la pasada edición

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X