• Teatro Cine Fraga
  • Novedad en Vigo
  • Agua Vigo
  • Samaín Redondela
  • Protestas O Morrazo
  • Casting Galicia
  • O Son Do Camiño
  • Proyecto Gondomar
  • Ayuda comedor Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un curso de verán da UVigo explora as posibilidades da reciclaxe na creación contemporánea

Un curso de verán da UVigo explora as posibilidades da reciclaxe na creación contemporánea
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/06/2023

Repensar, recuperar, reciclar e reempregar. Estas catro palabras dan título e, á súa vez, estruturan os contidos do primeiro dos cursos de verán que se pon en marcha en Pontevedra neste 2023. Inserido na programación de Extensión Universitaria da Vicerreitoría do campus e dirixido polo profesor da Facultade de Belas Artes Marcos Covelo, este taller de 30 horas pon o foco na recuperación de procedementos téxtiles tradicionais baixo unha mirada contemporánea, co obxectivo de “repensar” a súa relación “coa práctica artística contemporánea”, como sinala o seu responsable. A partir de aí, o curso que se desenvolve ao longo destes mes de xuño na sede da Fundación RAC susténtase nunha “metodoloxía de traballo ligada á reciclaxe e procesamento” de materiais de refugallo, co fin de reempregalos na práctica artística.

“O curso nace un pouco da miña práctica artística. Nos últimos anos estou traballando sobre todo na influencia dos procedementos sostibles e no reemprego de materiais de refugallo”, explica Covelo, que articulou este "curso teórico-práctico de iniciación a estratexias creativas posibles", a partir desa experiencia propia, á que foron sumándose “liñas de traballo de xente coa que compartimos inquedanzas”.

Másnoticias

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

14/10/2025
La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

La Semana de Cine Submarino de la UVigo vuelve en otoño con proyecciones en una nueva ubicación

13/10/2025

Ese é o caso da egresada de Esdemga e alumna do doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible Miriam Cartagena, que centra a súa investigación na busca de tintas naturais para o estampado serigráfico sobre tecidos e que é a responsable da presentar unha serie de procesos de traballo relacionados cos tecidos, a creación de fíos con materiais de refugallo ou o uso da "tufting gun", unha pistola que permite crear alfombras e tapices de xeito manual. 

O curso conta tamén coa participación da artista e docente da Facultade de Belas Artes Elena Fernández Prada, que afonda nos procedementos de traballo empregados na súa produción artística máis recente, que “está moi relacionada co tema do bordado manual”, de tal xeito que permitiu afondar en como “trasladar esa idea da artesanía a un imaxinario contemporáneo relacionado directamente coa arte”, salienta Covelo.

Finalmente, na actividade participa tamén a xestora cultural e comisaria Carlota Rosón, que forma parte do padroado da Fundación RAC, escollida como sede deste curso “porque dentro da súa colección teñen obras de moitos artistas que reempregan materiais de refugallo para levar a cabo as súas obras”. Da súa man, o curso opode tamén reflexionar sobre o papel da sostibilidade na creación contemporánea a través da presentación dunha serie de obras relacionados coa temática ou técnica tratada nas diferentes sesións.

Un conxunto de técnicas, un cristo bendito

Coas súas 20 prazas cubertas, na súa maioría por alumnado e egresados da Facultade de Belas Artes, “aínda que tamén hai algunha persoa relacionada co deseño gráfico”, o curso "Repensar, recuperar, reciclar e reempregar. Deriva do pensamento contemporáneo" formúlase como “un laboratorio” no que o alumnado pode “experimentar con diferentes procesos”, que logo pode combinar ou non na creación dunha obra. Deste xeito, explica Covelo, nas súas diferentes sesións vanse abordando unha serie de procedementos, como a transformación de tecidos a partir de procesos de tinguido natural con materiais non contaminantes. Esta permite á súa vez achegarse a outros procesos, como a creación de fíos, tanto a partir destes tecidos como de bolsas e botellas de plástico.

"A idea é xerar unha materia prima, a partir de materiais de refugallo ou de excedentes, para logo ver como podemos utilizar esa materia nun procedemento técnico, como por exemplo nun tapiz”, sinala o director do curso. Ese é o caso do traballo co bordado, a superposición de tecidos a través do "patchwork" ou a aplicación dos fíos xerados coa "tufting gun", ao que se suma tamén a súa posible combinación con outra serie de materiais e estruturas.

De feito, outro dos contidos a abordar é a creación de papel maché ou de masa de sal, dúas técnicas que permiten xerar, con procedementos sostibles, unhas masas coas que traballar na creación de volumes, complementada coa xeración de estruturas sobre os que aplicar estas masas, dando como resultado pezas tridimensionais.

A programación continúa en setembro

Tras este primeiro curso de verán, que se pechará o 1 de xullo cunha sesión aberta na que poderán contemplarse os resultados do traballo desenvolvido polo alumnado, a programación de extensión universitaria do campus continuará no mes de setembro. Entre os días 25 e 29 deste mes está prevista a celebración no Convento de Santa Clara do seminario "O estudo interdisciplinar das construcións históricas. Arqueoloxía da arquitectura, historia da arte e documentación histórica", mentres que para o mes de outubro programouse unha nova edición do curso "Comunicación empresarial na práctica. 10 casos de éxito en Galicia relatados polos seus protagonistas", que poderá cursarse tanto de xeito presencial, na Facultade de Comunicación, como de forma virtual, a través de Campus Remoto. En ambos casos, o período de inscrición permanece aberto ata cubrir as prazas dispoñibles ou ata día 15 antes da súa data de inicio.

Temas: cursosUniversidade de VigoUnviersidad de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo ya puede volver a recorrer los secretos del Teatro Cine Fraga: "Es emocionante"
Enfoque

Vigo ya puede volver a recorrer los secretos del Teatro Cine Fraga: "Es emocionante"

...

PorCarlos I. Castrillóny1 Otros
15/10/2025
Vigo eleva el presupuesto de las becas de libros y comedor escolar
Enfoque

Galicia anuncia una ayuda de entre 100 y 150 euros para gastos del comedor escolar

...

PorEuropa Press
15/10/2025
Un casting busca personas para el rodaje de una serie en Galicia
Enfoque

Abren un casting para buscar figurantes para la próxima película que se rodará en Galicia

...

PorIván Dacal
15/10/2025
Gondomar proyecta una nueva senda peatonal para conectar el entorno de A Ramallosa
Enfoque

Gondomar proyecta una nueva senda peatonal para conectar el entorno de A Ramallosa

...

PorAlfredo Teja
15/10/2025
Unha orquestra para a Universidade de Vigo
Enfoque

Unha orquestra para a Universidade de Vigo

PorCarlos I. Castrillón
14/10/2025

Unha trintena de persoas integran a formación musical que acaba de iniciar os ensaios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X