• Chiringuito de Vigo
  • Macroproyecto peatonal Vigo
  • Fuegos de Bouzas
  • Sentencias autobuses Vitrasa
  • Concierto gratis
  • Apertura en Vigo
  • Entroido Verán A Cañiza
  • Playlist Gente de Zona
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un equipo da UVigo constata o impacto do eucalipto sobre a biodiversidade dos ecosistemas fluviais

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/07/2025

Un estudo do grupo de investigación en Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo (EcoEvo) demostra os “efectos negativos das plantacións de eucalipto sobre a biodiversidade” dos ecosistemas fluviais de Galicia, segundo explica o seu coordinador, o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero. A investigación centrouse en coñecer a incidencia dunha maior ou menor presenza de follaxe de eucalipto nos regatos sobre as comunidades de macroinvertebrados. Tras identificar e clasificar os máis de 30.000 espécimes localizados nas mostraxes realizadas en vinte regatos da provincia de Pontevedra en dúas épocas do ano, o equipo investigador puido constatar que se ben unha maior presenza de follaxe de eucalipto non afecta á “abundancia xeral” de invertebrados nos ecosistemas fluviais, si ten un impacto negativo na “riqueza e diversidade” destas comunidades.

“Os nosos resultados demostran que se a maioría das follas” que poden atoparse sobre os regatos son de eucalipto “perdemos boa parte da diversidade”, sinala Cordero, que recoñece que os efectos desta follaxe sobre a biodiversidade fluvial era algo “moi pouco estudado” en Galicia. O responsable do grupo EcoEvo explica que a investigación levouse a cabo en vinte arroios “moi representativos da rede fluvial” da comunidade, o que fai prever que “sempre que a maior parte das achegas de materia orgánica ao curso fluvial proveñan de eucaliptos, imos ter efectos similares”. Non en van, lembran, “os ecosistemas fluviais dependen en gran medida das achegas de materia orgánica da vexetación” dos bosques de ribeira, sendo a follaxe, que é procesada “por microorganismos e invertebrados trituradores” a súa “principal fonte de enerxía”.

Másnoticias

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

16/07/2025

El centro de Vigo será un balcón al universo con una observación astronómica gratuita

15/07/2025

Un traballo nacido na pandemia

Os resultados deste traballo recóllense nun artigo publicado na revista Hydrobiology, que asinan xunto a Cordero, as investigadoras do grupo EcoEvo Anais Rivas, Andrea Landeira e Maruxa Álvarez, xunto con Manuel Graça, da Universidade de Coimbra, e Leandro Juen, da Universidade Federal do Pará. Trátase, como lembra o catedrático, dun estudo nacido no marco da pandemia da covid-19, cando o grupo tiña proxectados traballos de campo “en diferentes países”, dirixidos a “examinar o efecto das plantacións industriais sobre as comunidades de insectos”, no marco dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

As restricións á mobilidade levaron a mudalos por uns traballos de campo levados a cabo en dez municipios da provincia de Pontevedra. En cada un deles, o grupo seleccionou un regato que discorrese principalmente a través de plantacións de Eucalyptus globulus e outro bordeado por “bosques caducifolios nativos”, nos que as especies máis abondosas eran o carballo, o castiñeiro e o ameneiro. En cada arroio realizouse unha mostraxe de macroinvertebrados nun transecto lonxitudinal de 12 metros, tanto no outono de 2020 como na primavera de 2021, nos que atopáronse, respectivamente, un total de 24.705 e 12.529 individuos, pertencentes a 125 grupos zoolóxicos a nivel de xénero.

Non diminúe o número, pero si a diversidade

Para poder coñecer os efectos destas plantacións nas comunidades de macroinvertebrados, o grupo EcoEvo avaliou un conxunto de variables. Estas abranguen desde o caudal dos regatos ou o peso da follaxe, ata diferentes condicións ambientais, o que leva a Cordero a pór o foco en que os seus resultados responden as características dos bosques galegos, podendo ser diferentes noutras áreas xeográficas. “En aspectos tan complexos como estes pode haber moitas interaccións entre variables”, subliña.

Neste caso, os resultados sinalan “unha diminución significativa na riqueza e diversidade” de especies presentes nos ecosistemas fluviais con maiores niveis acumulados de follaxe de eucalipto. Pola contra, esta non tivo unha incidencia na abundancia total de macroinvertebrados presentes nos regatos, que “explicouse principalmente” pola estación do ano, o caudal do regato e a temperatura da auga. “O que atopamos é que unhas poucas especies son capaces de manter grandes densidades”, sinala Cordero. Concretamente, rexístrase un aumento no número de individuos de especies como as do xénero Gammarus, “pequenos crustáceos de auga doce”, que vense beneficiadas, “probablemente, pola ausencia de competidores”. Pola contra, xéneros como Limnephilus, Crunoecia ou Ecdyonurus foron menos abondosos cando aumentaba a follaxe de eucalipto.

Nesa mesma liña, os resultados da análise realizada amosan unha “riqueza e diversidade” de especies “significativamente menor” cando se comparan os regatos nos que a follaxe de eucalipto é maioritaria con aqueles dominados pola vexetación dos bosques de ribeira. De feito, sinalan os autores deste estudo, “a abundancia, riqueza e diversidade de macroinvertebrados alcanzou o seu máximo en outono, coincidindo coa afluencia da follaxe de caducifolios e unha menor proporción da follaxe de eucalipto”, que perden principalmente as súas follas no verán. Concretamente, nas mostraxes realizadas en outono, seis dos vinte regatos estudados presentaban unha follaxe composta en máis do 50% por follas de eucalipto, cifra que ascendía a doce nas análises realizadas na primavera.

A importancia de preservar os bosques de ribeira

Neste punto, o equipo investigador sinala o “baixo contido de nutrientes” das follas de eucalipto, que xeralmente teñen “menores contidos de fósforo e nitróxeno” que as das “arbores caducifolias nativas”, para incidir no papel que xoga a “follaxe nativa no soporte de comunidades de macroinvertebrados diversas e saudables”.

Estes resultados lévanos á súa vez a pór o foco en que “manter un bosque de ribeira amplo é diverso é unha garantía” para a conservación da biodiversidade e doutros “servizos ecosistémicos, como “a mitigación de caudais extremos”. Do mesmo xeito, o grupo EcoEvo incide no papel que xogan os insectos en ámbitos “como a polinización, o control de pragas e a fertilización de solos”, incidindo na importancia de preservar os bosques de ribeira e evitar as plantacións nas proximidades dos regatos. De feito, a día de hoxe non está permitido plantar eucaliptos a menos de 15 metros de ríos de máis de dous metros de ancho, como lembra Cordero. “O que propoñemos é precisamente que se respecten as distancias que están na lexislación”, mais tamén, sinala, a necesidade de que estas medidas se apliquen tamén en “regatos de menor entidade”, a raíz dos resultados deste estudo.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

¿Peligran los Fuegos de Bouzas por la previsión de lluvia en Vigo? La organización responde

...

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Abre uno de los chiringuitos con las mejores vistas de Vigo cargado de conciertos al aire libre

...

PorShelly Villaverde
16/07/2025
Enfoque

Culpan a la Xunta de la "saturación" en el servicio de Urgencias del Álvaro Cunqueiro de Vigo

...

PorMetropolitano
16/07/2025
Enfoque

Mos se despide de una de sus viviendas más históricas, adiós a la emblemática "casa roja" de Puxeiros

...

PorPaula Carballo
16/07/2025
Enfoque

Quince investigadores da UVigo preparan a súa tese a cabalo entre a universidade e a industria

PorMetropolitano
16/07/2025

Destacan que esta modalidade ofrece a posibilidade de coñecer as necesidades do tecido empresarial

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X