• "Calma Chicha" Vigo
  • Sesión Tardeo Vigo
  • Fiesta Vikinga Cerveira
  • Reportaje videojuegos
  • Precios Parque Acuático
  • Nuevo ascensor Vigo
  • Festival Nigrán
  • Programa Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un proxecto avalía o impacto das noticias falsas na política local e autonómica

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
13/01/2023

A proliferación de noticias falsas e boatos, informacións non confirmadas que se difunden publicamente, tense convertido nunha ameaza para a reputación de organizacións, empresas ou institucións e mesmo para o normal funcionamento dos sistemas democráticos. Isto contribuíu a que nos últimos anos fosen numerosas as investigacións que centradas nos efectos das fake news e a desinformación. Mais ata o de agora fora escasamente analizado o impacto que as noticias falsas teñen na esfera política autonómica e local, eixo do proxecto de investigación Fakelocal, coordinado polos investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xosé Rúas e Ana Belén Fernández Souto e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Seleccionado na convocatoria de Proyectos de Generación de Conocimiento de 2021, Mapa de la Desinformación en las Comunidades Autónomas y Entidades Locales de España y su Ecosistema Digital (Fakelocal) ten como obxectivo “identificar, medir e clasificar os principais asuntos ou temas da desinformación relacionada coa xestión das corporacións locais e comunidades autónomas”.

“Queremos ver o impacto que ten a desinformación a nivel rexional e local”, salienta Rúas, que incide en que esta é unha cuestión pouco estudada ata o de agora, a pesar de que “as crises por desinformación non só parten do ámbito global cara o local”, senón que poden darse tamén na dirección inversa, na que a difusión de fake news e boatos céntrase en cuestións de interese local, “coa intención de expandirse”. Nese senso, entre os obxectivos dun proxecto que se estenderá ata 2025 figura realizar “un mapeo de actores e medios vinculados á desinformación local e autonómica en España”, así como identificar as “principais crises” derivadas da difusión de noticias falsas sufridas por gobernos autonómicos e municipais. Como recolle a súa memoria, tamén está previsto “avaliar o impacto e o alcance nas principais redes sociais dos boatos e informacións falsas vinculadas ás administracións públicas e as corporacións locais”, coa idea de definir estratexias e recursos que axuden a reducir “o impacto da desinformación” nestes ámbitos.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Para iso, Fakelocal conta cun equipo de traballo integrado por unha vintena de expertos e expertas, entre os que se atopan, xunto a Rúas e Fernández Souto, os investigadores e investigadoras do grupo CP2 (Comunicación Persuasiva) da facultade pontevedresa e o profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Andrés Mazaira. No proxecto participan, así mesmo, investigadores e investigadoras das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Sevilla e Málaga, xunto con expertos da Central European University de Viena, a Universitá degli Studi de Milán e da Universidade do Porto.

“Mapear” a realidade da desinformación no eido local

Entre os traballos que desenvolverá este grupo de investigadores e investigadoras atópase a realización dunha enquisa aos responsables dos gabinetes de comunicación das 17 comunidades autónomas, dos 52 gobernos provinciais e das 65 cidades recollidas no ámbito de aplicación da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local de 2003. Por outra banda, tamén se levará a cabo unha análise de contidos con diferentes ferramentas, co propósito de estudar o “impacto, sobre todo a través das redes sociais”, que poden ter as noticias falsas na esfera autonómica e local. O propósito destes traballos é tanto estudar a repercusión e alcance destas publicacións, como identificar as mensaxes “máis compartidas e comentadas”.

Nese senso, o proxecto busca “mirar, por unha banda, cara os que traballan coa comunicación institucional e, por outro, cara o impacto mediático”, subliña Rúas. Deste xeito, tratarase de definir un “mapa situacional” sobre a “xestión de desinformación en España”, que permita, por exemplo, recoñecer “que medios e fontes son fiables”, así como identificar as principais temáticas relacionadas coa xestión das corporacións locais e comunidades autónomas afectadas pola difusión de noticias falsas.

Dotar de ferramentas aos profesionais

Outro dos ámbitos nos que busca pór o foco Fakelocal, como explica Rúas, é na “formación en técnicas e ferramentas” relacionadas coa verificación de datos. Nese senso, a memoria do proxecto pon o acento na necesidade de “estender as competencias e funcións tradicionais dos gabinetes de comunicación das administracións locais ao combate da desinformación”, dado que “a auxe das noticias falsas afecta de maneira directa á reputación das organizacións”. Neste punto Rúas pon de relevo a capacidade para “desestabilizar” dos boatos e a incidencia que poden ter en procesos como os electorais. De aí que outro dos propósitos sexa analizar “o que poida acontecer nas eleccións municipais deste ano e ver en que medida nestes procesos circula desinformación sobre determinados aspectos”.

Partindo deste escenario, entre os obxectivos do proxecto figura tamén a elaboración dunha guía de boas prácticas que poida ser de utilidade tanto para as administracións públicas como para xornalistas. “A nosa intención é elaborar un manual con recursos e ferramentas básicas, tanto para os profesionais da comunicación como para calquera que queira contrastar unha información”, sinala Rúas. Isto, engade, conecta á súa vez esta investigación co proxecto DebaTRUE, que actualmente desenvolve o grupo de investigación CP2 e que ten como obxectivo “o desenvolvemento dunha aplicación online de loita contra a desinformación no debate político”.

Por outra banda, a participación en Fakelocal de investigadores de diferentes países permitirá levar a cabo un “estudo comparativo dos efectos da desinformación en corporacións locais de España, Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra”. Ademais, o equipo de investigación traballa tamén coa Asociación de Televisións Rexionais Europeas (Circom), explica Rúas, “vendo cal é o impacto da desinformación entre os seus socios”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

El histórico "Calma Chicha" de Vigo se transformará en un 'wine bar' gastronómico

...

PorAlfredo Teja
07/06/2025
Cidade da Xustiza (Foto: Iván Dacal)
Enfoque

Caballero insiste en que Vigo "necesita" ocho juzgados de instrucción y exige guardias de 24 horas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
ARCHIVO. Helicóptero Pesca 1 // GARDACOSTAS DE GALICIA
Enfoque

Rescatan inconscientes a dos personas en dos playas diferentes de Cangas

...

PorEuropa Press
07/06/2025
Foto: Concello do Porriño.
Enfoque

O Porriño celebra el centenario cumpleaños de Juaniña y le pone su nombre a una calle

...

PorIván Dacal
07/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X