• BSO Navidad de Vigo
  • Bloques Cebra Vigo
  • Emotivo relevo Vigo
  • Navidad viral Portugal
  • Cambios Avenida de Madrid
  • Borrascas Vigo
  • Ruta Navidad por Portugal
  • Laporta en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un proxecto internacional busca revitalizar o turismo sostible en rexións europeas, entre elas Galicia

Un proxecto internacional busca revitalizar o turismo sostible en rexións europeas, entre elas Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
16/02/2023

Buscar estratexias capaces de reactivar e pór en valor o turismo sostible en diferentes rexións europeas, entre elas Galicia. Este é o obxectivo co que esta semana se está a celebrar na cidade italiana de Palermo o proxecto internacional Ecotours, liderado desde Italia e no que a Universidade de Vigo é única representante española. Participan sete socios procedentes de Italia, Grecia, Francia, Chipre, Hungría e España, entidades de moi distintos perfís que ao longo dos tres vindeiros anos traballarán de maneira conxunta na consecución dun obxectivo común: “crear un valor adicional ao turista que se achegue a estas rexións, neste caso ás nosas terras galegas, ofrecéndolles ás empresas do sector turístico formación en turismo circular, mentorización para innovar e creación de itinerarios de turismo circular”, explica a profesora da Facultade de Comercio Pilar Muñoz, coordinadora xeral do proxecto na UVigo, quen adianta que desde Ecotours se planificarán unha gran variedade de actividades que terán as pequenas empresas turísticas como grandes protagonistas.

Financiado con preto de 1,2 millóns de euros polo programa COSME

Financiado con preto de 1,2 millóns de euros polo programa COSME, Competitividade das Empresas e para Pequenas e Medianas Empresas, o proxecto tratará de pór sobre a mesa novas alternativas que melloren o valor empresarial da rexión de Sicilia, en Italia; Macedonia occidental, en Grecia; Córcega, en Francia; Nicosia, en Chipre; o Condado de Csongrád-Csanád, en Hungria, e Galicia, en España. “Todas estas localizacións teñen unha ampla traxectoria no desenvolvemento turístico pero, ao igual que aconteceu en Galicia, a pandemia provocou unha presión sen precedentes no sistema produtivo que debilitou o tecido empresarial en xeral e o turístico en particular, especialmente ás Pemes”, explica a coordinadora española do proxecto, facendo así fincapé na importancia de buscar novas estratexias capaces de revitalizar estas rexións.

Másnoticias

Caballero dispara contra la Xunta por Medicina: "Es surrealista, quieren seguir como hace 100 años"

Caballero se indigna al conocer que León sí tendrá Medicina: "Es un escándalo"

08/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025

Na procura dunha nova oferta turística máis sensible coa contorna

O turismo representa unha parte moi importante da actividade económica e do emprego en Galicia (aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxe..., pero tamén provedores de oferta turística complementaria como empresas doutros sectores interrelacionados), múltiples empresas nas que a pandemia da covid provocou unha presión sen precentes. Con Ecotours, Empowering local communities turning them into laboratories for co-development of circular and sustainable tourism ecosystems, buscarase mellorar a capacidade das Pemes do eido turístico para que os ecosistemas empresariais asuman as prácticas e os principios do turismo circular na súa actividade comercial e produtiva, “de maneira que acaden unha maior competitividade nun campo, como é a sustentabilidade, que nos vindeiros anos influirá máis na toma de decisións dos clientes turísticos”.

Entre as iniciativas que tratarán de pór en marcha salientan unha gran variedade de actividades coas Pemes turísticas dirixidas, sobre todo, a crear novas capacidades de xestión para competir en mercados internacionais, acompañamento na formación, definición e establecemento de estratexias de turismo circular, formación en ferramentas de medición da súa actividade, creación de certificados de boas prácticas, etc. “Para isto na UVigo contamos cun grupo interdisciplinario de, aproximadamente, unha decena de investigadores dos campus de Vigo e Ourense que enriquecen o achegamento ao problema amosando solucións innovadoras para ter un turismo máis sostible”, salienta Muñoz, integrante do grupo de investigación OE7 de Organización do Coñecemento, un equipo interdisciplinario no que participan investigadores e investigadoras da área de Matemáticas, Estatística, Dereito, Organización de Empresas e Marketing e Finanzas, “o que vai permitir detectar as necesidades e solucións dunha maneira máis ampla”.

Como punto forte deste proxecto, Muñoz destaca que permitirá asociar o desenvolvemento económico co turismo sostible, o que pode supor un bo punto de partida para diferenciar a oferta europea fronte a outras localizacións internacionais. Neste sentido, destaca que a evolución cara unha economía circular pode ofrecer novas oportunidades de desenvolvemento empresarial, tanto ás Pemes como a outros sectores interrelacionados co turismo como son a agricultura, a pesca, a cultura e as artes. “A proposta de experiencias turísticas que integren actividades tradicionais con escasa pegada medioambiental axudará a mellorar non só a satisfacción dos clientes, senón a valorizar a cultura inmaterial, ademais de favorecer a renovación da oferta empresarial integrando unha maior sensibilidade coa contorna”, recalca Muñoz.

“Unha oportunidade de poder transferir o noso coñecemento ás Pemes da contorna”

A participación da Universidade de Vigo en Ecotours xurde a partir dunha relación previa e convite feito polo coordinador do proxecto, a empresa italiana sen ánimo de lucro PRISM. Esta empresa, con sede en Palermo, ten como misión impulsar a igualdade de oportunidades para o progreso sostible das sociedades, comunidades e persoas, actuando como un axente de desenvolvemento cualificado, unha misión coa que os integrantes do grupo de investigación OE7 da UVigo concordan amplamente. “Neste caso concreto, dadas as características de emprego desta industria, existen moitos traballadores de grupos especialmente vulnerables pola natureza estacional do turismo”, recalca a investigadora viguesa, ao que engade que existe unha “inquedanza compartida” por traballar conxuntamente nese desafío de mellorar as oportunidades para as comunidades locais e rurais co seu conseguinte efecto multiplicador na economía.

Independentemente do recoñecemento do papel desenvolvido neste ámbito, participar neste proxecto supón para este equipo de investigación da UVigo “unha nova oportunidade de poder transferir o noso coñecemento ás Pemes que nos rodean, que son o público obxectivo das accións COSME, como é o caso”. Ao mesmo tempo, tal e como destacan as dúas participantes viguesas nesta xuntanza en Palermo, é tamén unha grande oportunidade de compartir este reto co resto de socios europeos, “o que enrique aínda máis o noso labor”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo sufre el "dominio de las borrascas" con una semana de lluvia y alerta amarilla
Enfoque

Vigo sufre el "dominio de las borrascas" con una semana de lluvia y alerta amarilla

...

PorAlfredo Teja
09/11/2025
Galicia sumará un nuevo parque termal con jardín terapéutico a menos de una hora de Vigo
Enfoque

Galicia sumará un nuevo parque termal con jardín terapéutico a menos de una hora de Vigo

...

PorUxía Pérez
09/11/2025
Enfoque

Desvelado el hilo musical que sonará en la Navidad de Vigo, estas son las canciones que escucharás este año

...

PorIván Dacal
09/11/2025
Gran despliegue en pleno centro de Vigo por la gran humareda en un edificio
Enfoque

Gran despliegue en pleno centro de Vigo por la gran humareda en un edificio

...

PorMetropolitano
09/11/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X