• Próxima apertura Vigo
  • Muerto A Guarda
  • Nuevo mercado Vigo
  • "Paraíso" de Galicia
  • San Xoán Poio
  • Tardeo Vigo
  • Precios Parque Acuático
  • Feria Libro Redondela
  • Miradores Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un proxecto piloto busca, coa UVigo, maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nos maiores

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
22/01/2024

Promocionar o envellecemento saudable e buscar maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nas persoas maiores. Este é o obxectivo do convenio asinado este luns pola Universidade, a Área Sanitaria de Vigo e a Sociedade Galega de Xeriatría, un acordo co que as tres institucións tratarán de unir forzas na prevención nunha das cuestións con maior impacto na saúde das persoas maiores. O acordo foi asinado este luns nas instalacións do Hospital Álvaro Cunqueiro por parte do reitor, Manuel Reigosa; o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), José Mª Failde, profesor da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo.

Trátase de establecer unha colaboración para abordar de modo conxunto unha investigación neste ámbito, sobre todo na detección, a prevención e o tratamento da soidade non desexada coa finalidade de minimizar o seu impacto na saúde dos maiores. De maneira conxunta, o acordo tentará definir e organizar as diferentes accións relacionadas co coñecemento da situación das persoas maiores de 75 anos en situación de Soidade Non Desexada e planificar o conxunto de accións preventivas para garantir uns parámetros de saúde adaptados ás súas necesidades. Ademais, tamén se vai promover a coordinación de todos os axentes implicados a nivel comunitario para abordar este fenómeno social e establecer un protocolo de cooperación interinstitucional no eido da saúde.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Proxecto piloto en cinco centros de saúde

Para realizar esta investigación, coordinada a través do servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Vigo, vaise desenvolver un programa piloto nos centros de saúde de A Cañiza, A Guarda, Val Miñor, Moaña e Ponteareas. A través deste traballo tratarase de avanzar na identificación das principais problemáticas dos maiores de referencia neses centros de saúde, co obxectivo de avaliar resultados e implementar esta metodoloxía de acción comunitaria en todos os centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo.

Segundo o acordo asinado, o Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Vigo comprométese a proporcionar, de xeito anónimo, á Universidade de Vigo e á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía datos relativos ás características socio-demográficas e clínicas de persoas maiores, de cara a identificar factores de risco e causas da Soidade Non Desexada, así como factores vinculados co envellecemento saudable e a lonxevidade.

Pola súa banda, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e a Universidade de Vigo comprométense a proporcionar o asesoramento técnico e metodolóxico para a análise de datos, de cara a traducir os resultados de investigación na mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Labor da UVigo no proxecto

O principal labor da UVigo neste proxecto será pois o asesoramento ao Servizo de Traballo Social da Área Sanitaria de Vigo. “En relación coa detección, isto concretarase en coordinar a selección de mostra e a elección de instrumentos para a avaliación da soidade, a introdución de datos no programa estatístico e a posterior análise estatística dos mesmos”, explica María Dapía, investigadora da UVigo implicada neste proxecto.

A partir dos resultados obtidos, nunha segunda parte, formularanse diferentes sesións de traballo de cara a deseñar intervencións que poidan mellorar a calidade de vida das persoas maiores. “Nun terceiro momento, e cando as accións se implementen, corresponderalle á Universidade facer o seu seguimento e avaliación”, recalcou Dapía, quen non dubidou en afirmar que “un proxecto deste tipo é o mellor exemplo da necesaria conexión e colaboración entre a Universidade e a sociedade; unha colaboración na que universidade trata de dar resposta a unha necesidade sentida por parte, neste caso, do Servizo de Traballo Social da área Sanitaria de Vigo”, engadiu a investigadora.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Os obxectivos e tarefas do presente acordo están aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), establecidos en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Neste senso, o envellecemento afecta a cada un dos Obxectivos do Desenvolvemento como son a erradicación da pobreza, a eliminación da fame, ou acadar unhas cidades e asentamentos humanos inclusivos, seguros, resilientes e sostibles. Así mesmo, tamén se está a desenvolver unha estratexia nacional para combater a soidade non desexada, que afecta de modo especial ás persoas maiores. Por isto, ante a necesidade de promover e coordinar actividades para a prevención e promoción de saúde nas persoas maiores e considerando que a Soidade Non Desexada está identificada como un dos principais problemas de saúde, decidiuse formalizar este acordo de colaboración.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Las obras de la Avenida de Madrid provocarán cortes de tráfico en Vigo durante esta semana

...

PorIván Dacal
08/06/2025
Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Renfe incrementa desde este lunes los viajes entre Galicia y Madrid

...

PorEuropa Press
08/06/2025
Enfoque

Aparece muerto un hombre flotando en el mar en A Guarda

...

PorMetropolitano
08/06/2025
Enfoque

Vigo se prepara para lo que será el primer local del nuevo Barrio do Cura

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X