• Vivienda en Vigo
  • Nueva pastelería
  • Liquidación Príncipe
  • Paraíso celiacos
  • Reloj Navidad
  • Rodaje Vigo
  • Cambios turborrotonda
  • Alerta lluvias
  • Drones Balaídos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un total de 289 estudantes estranxeiros internacionalizan a UVigo este cuadrimestre

Un total de 289 estudantes estranxeiros internacionalizan a UVigo este cuadrimestre
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/09/2023

Unha moza, que chega ao campus de Vigo a través do programa Erasmus+ e que procede de Italia. Esta é o perfil xeral do estudantado de intercambio que este cuadrimestre cursará estudos na Universidade de Vigo. Trátase dun colectivo formado por preto de 290 mozos e mozas de 30 nacionalidades de Europa, Asia e América.

Igual que o resto de alumando de novo ingreso, a pasada semana tiveron un acto de acollida en cada campus da man da Vicerreitoría de Internacionalización, no caso de Vigo, coa presenza do reitor, Manuel Reigosa. En total, son 289 estudantes, sendo Vigo o campus máis internacional, con 226 estudantes, seguido de Pontevedra con 38 e Ourense con 25. A maioría deles, 245, optaron por unha estadía durante o primeiro cuadrimestre, mentres que 38 elixiron quedarse todo o ano e seis xa se inscribiron para o segundo cuadrimestre, unha cifra que se incrementará ostensiblemente a comezos de ano.

Másnoticias

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

La catedrática Carmen García Mateo anuncia también su candidatura al Rectorado de la UVigo

21/10/2025
Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo

Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo

21/10/2025

O principal país de procedencia do alumnado estranxeiro deste primeiro cuadrimestre é Italia, de onde veñen 65 estudantes, seguido de Alemaña con 48, Francia con 41 e Polonia con 27. As mozas son maioría, 175 do total, xunto con 113 mozos e unha persoa non binaria.

O tradicional programa Erasmus, agora Erasmus+ KA 131, é o que máis estudantes achega á UVigo, 230 do total, aínda que tamén destaca a cantidade de mozos e mozas que escollen a universidade olívica a través de convenios bilaterais (55), principalmente con institucións de países como México, Reino Unido ou Brasil.

En proceso de recuperar as cifras prepandemia

A vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo, valora positivamente estas cifras, xa que, con respecto a cursos anteriores, “van mellorando pouco a pouco. Non son aínda como os datos prepandemia, pero é verdade que no primeiro cuadrimestre xa incrementamos o número de alumnado recibido respecto do curso anterior, no que demos a benvida a 271 mozos e mozas doutros países. Non imos chegar ás 600 persoas do curso 2019/2020, pero irémonos achegando”. E é que unha vez superada a crise sanitaria, agora outros factores como a guerra en Ucraína ou a situación económica fan que a recuperación non sexa tan rápida como se agardaba. De feito, engade Del Pozo, “puidemos comprobar que se incrementou a mobilidade nacional, con 59 solicitudes no programa Sicue fronte ás 50 do curso pasado, mentres que a mobilidade internacional tarda máis en recuperarse, algo que lle está a suceder a todas as universidades”.

Distribución por campus

O campus de Vigo é, como vén sendo habitual, o máis internacional, coa Facultade de Filoloxía e Tradución como principal centro de atracción deste tipo de alumnado. Dos 226 mozos e mozas que se están incorporando ao campus estes días, 188 elixiron unha estadía no primeiro cuadrimestre, 33 preferiron o curso completo e cinco xa reservaron praza para o segundo cuadrimestre. A FFT acolle a 80, mentres que outros dos centros máis internacionais son a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, con 60, e a Escola de Enxeñería Industrial, con 40.

O campus de Pontevedra recibe neste primeiro cuadrimestre 34 estudantes estranxeiros, aos que hai que sumar outros catro que se quedarán na cidade do Lérez durante o curso completo. Un ano máis a Facultade de Comunicación é a que máis estudantes acolle, 17, seguida de Belas Artes, con 8.

Pola súa banda, o campus de Ourense deu a benvida a 25 estudantes internacionais, dos cales 23 quedarán ata xaneiro, un o curso completo e outra persoa que xa reservou a praza para o segundo cuadrimestre. A Facultade de Ciencias será a máis internacional, dando acubillo a 11 destes alumnos e alumnas, seguida de Ciencias Empresariais e Turismo, que acolle a cinco

Unha estratexia de internacionalización máis aló das mobilidades

A internacionalización é un dos eixos centrais do Plan Estratéxico da Universidade de Vigo, entre outros factores, como estratexia para a captación de alumnado foráneo para facer fronte á crise demográfica e ao descenso de matrícula no ensino superior. Neste sentido, a vicerreitora explica que a institución académica está levando a cabo múltiples iniciativas, como a asistencia a feiras internacionais (a próxima en Brasil en novembro) ou a participación en feiras de networking con outras universidades co obxectivo de establecer colaboracións a través de convenios, de titulacións conxuntas, etc. Pero tamén o propio programa Erasmus constitúe unha ferramenta de captación, xa que ademais das mobilidades para alumnado, dentro do programa Erasmus+ KA131 e 171 tamén se contemplan estadías para profesorado e para o persoal de administración e servizos, que “axudan a promocionar e difundir a oferta académica da UVigo que se materializa en matrículas para grao e posgrao”. Por outra banda, engade, o programa KA171 actúa como “motor de captación de alumnado internacional, xa que se lles ofrece oportunidades académicas e prácticas por un período non superior a un ano durante o cal os estudantes coñecen a UVigo e, en moitas ocasións, se interesan por continuar os estudos aquí”.

A vicerreitora tamén destaca o papel de ATHENA, a universidade europea da que Vigo é socia, un consorcio que “promove e facilita o intercambio físico e virtual dos estudantes das universidades que as compoñen a través de diferentes oportunidades, como titulacións conxuntas, cursos conxuntos, clases espello, etc”. Ao seu abeiro púxose en marcha Praxis App, unha plataforma para captar estudantes de prácticas ou doutoramento e celébranse eventos e actividades formativas a través das cales o estudantado ten a oportunidade de coñecer as universidades socias. Ademais, ATHENA é a primeira alianza de universidades europeas en crear a súa propia asociación de estudantes, que conta con alumnado da UVigo como embaixadores.

Con todo, a vicerreitora de Internacionalización tamén pon o foco nos principais atrancos na captación de alumnado estranxeiro. O problema máis grande, recoñece, son os trámites administrativos e os calendarios. “Por exemplo, o alumnado que quere vir estudar á UVigo dende América Latina precisa pedir visados, un proceso que tarda certo tempo. Se a matrícula a fai en xullo e o curso comeza en setembro, non teñen tempo abondo para obter o permiso, buscar billetes e aloxamento”. Por este motivo, resalta, “estamos en conversas coa Xunta de Galicia para tratar de adiantar esa prematrícula e que o alumnado estranxeiro se poida prematricular entre febreiro e abril, como sucede noutras comunidades autónomas como Andalucía”. Por outra banda, existe un problema coa homologación dos estudos que, como indica a vicerreitora, é un proceso moi complexo en España. “Agora mesmo só temos recoñecemento directo do que sería a ABAU con China, Andorra e, recentemente, Colombia. Isto implica que o alumnado ten que solicitar a homologación do proceso de acceso á universidade do seu país en España”. Para tratar de simplificar o procedemento, subliña, estase a traballar tanto dende a CRUE como coa Xunta de Galicia

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Cambio legal en Galicia con el objetivo de mejorar la seguridad en las atracciones de feria

...

PorCarlos I. Castrillón
21/10/2025
¿Cómo afectan las elecciones municipales de Portugal a Galicia, Vigo y los proyectos de futuro?
Enfoque

¿Cómo afectan las elecciones municipales de Portugal a Galicia, Vigo y los proyectos de futuro?

...

PorAlfredo Teja
21/10/2025
Vigo recupera su 'paraíso' gastronómico para celiacos y alérgicos con esta reapertura
Enfoque

Vigo recupera su 'paraíso' gastronómico para celiacos y alérgicos con esta reapertura

...

PorAlfredo Teja
21/10/2025
Caballero activa el reloj con la cuenta atrás de Navidad y deja en el aire la gran incógnita en Vigo
Enfoque

Caballero activa el reloj con la cuenta atrás de Navidad y deja en el aire la gran incógnita en Vigo

...

PorSara Rodríguezy1 Otros
21/10/2025
Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo
Qué hacer

Unha xornada conectará as traxectorias do cineasta Carlos Velo e o escritor Juan Rulfo

PorCarlos I. Castrillón
21/10/2025

Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X