• Alcampo en Galicia
  • Alerta por temporal
  • Parque acuático Portugal
  • Apertura en CC Gran Vía
  • Novedad en Vialia
  • Rodaje Netflix
  • Conciertos en Castrelos
  • Jura de bandera en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

UVigo e Consellería do Mar asinan un convenio para mellorar a xestión da mexilla no litoral galego

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
20/11/2023

Nos últimos anos o sector bateeiro galego, primeiro produtor de mexillón de Europa, está a ter serias dificultades para abastecerse da semente do mexillón, entre outros motivos, pola menor densidade de mexilla nas rochas do litoral e polo incremento do desprendemento da mexilla que crece na cordas das bateas. Para facer fronte a este problema, o coñecemento científico é clave e por iso a Universidade de Vigo e Consellería do Mar acaban de asinar un convenio de colaboración que permitirá continuar co estudo de identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón, unha ferramenta que permite obter información sobre a evolución do recrutamento de semente do molusco nas rochas do litoral de Galicia. Esta sinatura reforza o acordo precedente que expiraba antes de finais deste ano e supón, segundo o titular de Mar, Alfonso Villares, un avance na xestión deste recurso que trata de atender á crecente demanda de mexilla e á súa explotación responsable.

Villares agradeceu ao reitor, Manuel Reigosa, este traballo en común coa Universidade de Vigo e fixo fincapé na importancia de reforzar a inversión en investigación e en ciencia en todos os eidos, en concreto no sistema marítimo-pesqueiro, “no que a I+D ten moito que ver”. O convenio, de tres anos de duración e cun orzamento de 216.953 euros cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) para as tres anualidades, permitirá, explicaba o conselleiro, “seguir recollendo datos sobre a semente da mexilla para ver a súa implantación no noso litoral”. Ademais, nesta nova etapa do estudo ampliaranse os puntos de control, que pasan de catro a sete, pois a Moaña, Bueu, O Grove e a entrada da ría de Muros e Noia súmanse Liméns (ría de Vigo), Aguiño (ría de Arousa) e Lorbé (ría de Ares-Betanzos).

Másnoticias

Inventos de Vigo que cambian la vida, de detectar baches a una app para buscar objetos perdidos

08/05/2025

El monoplaza de UVigo Motorsport rodará en dos de los grandes eventos europeos de la Formula Student

07/05/2025

Pola súa banda, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, tamén trasladou o seu agradecemento á Consellería por apostar por un grupo de investigación “moi potente”, o de Inmunoloxía, liderado por África González no Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo, CINBIO. Lembrou Reigosa que Galicia ten investido moito para ter un “magnífico sistema universitario que pode facer moito polo desenvolvemento do país e agardamos poder xogar ese papel” con iniciativas coma esta que “van permitir que o coñecemento que hai nos nosos laboratorios sexa útil para o país”.

Un traballo con tres actores

Este proxecto de identificación e marcaxe de larvas implica, ademais de á Universidade de Vigo, ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e ao Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Mar, CIMA. Corresponde ao Intecmar a recollida das mostras para posterior envío ao laboratorio de Inmunoloxía do CINBIO, onde as e os investigadores da UVigo se encargarán de realizar as tarefas de identificación e contabilización larvaria, así como de descrición da cantidade de larvas por unidade de volume e mostraxe e en cada un dos estadios larvarios presentes nas mostraxes. Da coordinación e interpretación dos resultados encárgase o CIMA.

O acordo manterá tamén a comisión de seguimento que se creou para garantir o cumprimento do convenio e resolver as dúbidas que poidan xurdir. A iniciativa inclúese no labor de investigación e análise que desenvolve a Administración galega para avanzar na xestión da mexilla no medio natural e tamén no seu cultivo, e enmárcase na súa aposta por avanzar na explotación sustentable dos distintos recursos mariños. Neste sentido, dende a Consellería do Mar destacan que este proxecto súmase ás outras liñas de actuación nas que traballa a Xunta, como o deseño dunha normativa de consenso que teña como eixo un plan de xestión da mexilla que actualice a orde que regula a súa extracción, do ano 2000, ademais da busca de alternativas e complementarias para obter semente do molusco, como a exitosa vía testada polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e replicable polo sector para a posta en marcha de hatcheries ou criadoiros, así como a utilización de drons e intelixencia artificial para axudar a detectar desde o aire a presenza de semente de mexillóns nas zonas de máis difícil acceso a pé nas rochas.

Paralelamente, dende a Consellería estase a dialogar con todos os actores implicados no proceso de recolección da mexilla sobre as mellores datas para a apertura da campaña, sempre coa base dos datos científicos como referencia para tomar calquera decisión, que ven marcada polo actual impacto dos temporais e das fortes choivas na salinidade da auga.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Piden máxima colaboración en Galicia para encontrar a un hombre desaparecido el pasado lunes

...

PorEuropa Press
09/05/2025
Enfoque

Caballero encabezará la comitiva del Concello de Vigo en la reunión con la RFEF por el Mundial 2030

...

PorMetropolitano
08/05/2025
Enfoque

Galicia, en alerta amarilla desde este viernes por fuertes lluvias

...

PorMiguel Alonso
08/05/2025
Enfoque

Las Rías Baixas se consolidan como el mejor destino de playa con este premio nacional

...

PorGabriel González
08/05/2025
Enfoque

El monoplaza de UVigo Motorsport rodará en dos de los grandes eventos europeos de la Formula Student

PorMetropolitano
07/05/2025

El UM25 de UVigo Motorsport, que cambiará de combustible y aportará por el etanol, competirá en los circuitos de Hungría y Croacia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

09may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X