O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar a razón á Xunta na que supón a quinta sentenza favorable ao modelo de cofinanciamento das escolas infantís e centros de día en Vigo dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este fallo avala, unha vez máis, a fórmula de cooperación en vigor e desestima o último recurso contencioso-administrativo presentado polo Concello vigués contra as liquidacións do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar correspondentes á primeira metade do curso 2019-2020 nas escolas infantís de Valadares e da rúa Palencia.
Unha nova sentenza que, en opinión da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, "deixa en evidencia as pretensións do alcalde vigués de desentenderse dun servizo social básico, privando a día de hoxe a 200 familias viguesas de beneficiarse da gratuidade de 0 a 3 anos que ofrece o Goberno galego para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís".
Segundo recolle o alto tribunal, as liquidacións xiradas polo ente autonómico non incorren nas causas de nulidade alegadas polo Concello de Vigo, “toda vez que se trata de asumir o financiamento duns servizos atribuídos pola lexislación autonómica aos entes locais e para cuxa prestación optouse por fórmulas de cooperación” entre administracións.
A resolución sinala que se trata dun servizo de carácter social, en ningún caso educativo como argumenta o Concello de Vigo no seu recurso, cuxa xestión asumiu o Consorcio a instancias da propia Administración local. Segundo indica, “en Galicia a atribución aos municipios da prestación dos servizos sociais resulta clara”.
O TSXG rexeita tamén que se infrinxa a normativa estatal de réxime local sobre distribución de competencias e a normativa autonómica sectorial reguladora dos servizos sociais, segundo expón o Concello vigués no seu recurso. Esta negativa apóiase en sentenzas do Tribunal Constitucional que deixan claro que “debe excluírse a interpretación de que os municipios solo poden obter competencias propias nas materias enumeradas na Lei de Bases de Réxime Local [...], pois semellante prohibición, indiscriminada e xeral, sería manifestamente invasiva das competencias das comunidades autónomas”.
Reabre uno de los locales más comprometidos con el público celiaco y con alergias de Vigo. Así será su nuevo espacio gastro
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguró este martes el enorme reloj con la cuenta atrás par la Navidad de 2025
El crimen cometido por dos policías al vicepresidente del Celta y su familia en Nigrán en 1994 inspira esta película que se rueda en Vigo
El Concello de Vigo espera poder implementar "a finales de semana" un nuevo cambio para agilizar la nueva turborrotonda
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL