A Orquestra Kv2211 presentou esta fin de semana o seu novo Ensemble de Chelos durante o concerto “Música clásica polas parroquias", que se celebrou na AVCD Monte da Mina de Castrelos. O recital, con cheo absoluto, comezou coa actuación da Orquestra Infantil Kv2211 baixo a dirección de Raquel Fernández. Máis de treinta nenos e nenas de 7 a 14 anos de idade, apoiados por músicos colaboradores da Orquestra Xuvenil, interpretaron un amplo repertorio de dez pezas. "Podíanse respirar os nervios dos máis cativos que se estreaban coa Orquestra e que non esquecerán este primeiro día", explican dende a agrupación.
A continuación, subiu ao escenario o Ensemble de Chelos, integrado por 16 chelistas da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 que interpretaron dúas pezas adaptadas e arranxadas por Miriam Fernández, directora da agrupación. Co Ensemble de Chelos, a Orquestra Kv2211 "dá un paso adiante na diversificación das súas actividades formativas e interpretativas dos músicos de corda que a constitúen", sinalan. O punto forte deste Ensemble de Chelos é precisamente a integración de todos os violonchelistas da Orquestra, desde os máis pequenos aos máis veteranos.
O ciclo “Música clásica polas parroquias” –deseñado para fomentar e divulgar os instrumentos de corda en todas as áreas de Vigo– forma parte da programación que a Orquestra Kv2211 desenvolve en colaboración co Concello de Vigo. O próximo concerto da Orquestra terá lugar o domingo 26 de novembro ás 18:00 horas no Centro Cultural de Bembrive co gallo da celebración de Santa Icía, patroa da música.
El BNG avanza una amplia batería enmiendas para alargar las bonificaciones para 2026, atendiendo la situación económica real de las familias
¿Conoces todas estas terrazas de Vigo? Según Idealista, ofrecen algunas de las mejores vistas de toda la ciudad (y no todas miran al Atlántico)
Ryanair ha lanzado una "oferta relámpago" para vuelos desde 14 euros desde aeropuertos de Galicia. ¡Estos son los destinos que ofrece!
Felipe VI y la reina Letizia llegaron en helicóptero a Verín, donde fueron recibidos entre aplausos y vítores de los vecinos
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL