O stand oficial de Turismo de Galicia acolleu a presentación do xeodestino turístico “Terras do Condado-A Paradanta” no marco da Feira Internacional de Turismo que se celebra nestes días e ata o domingo 21 en Madrid.
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, acompañados dos alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e o da Cañiza, Miguel Domínguez, presentaron o xeodestino turístico que promocionará as riquezas das dúas comarcas.
Os tres alcaldes representaron aos dez concellos que conforman o xeodestino neste evento turístico de alcance mundial. O xeodestino “Terras do Condado-A Paradanta” nace coa intención de sumar esforzos e ofrecer ao turista un paquete completo que lle permita prolongar a súa estancia na zona durante os días que o desexe porque a oferta patrimonial, histórica e natural é ampla e rica.
Á presentación achegáronse empresarios do sector turístico, axencias de viaxes, xestores de destinos turísticos e medios de comunicación.
Nas súas intervencións, os alcaldes puxeron de manifesto o alto potencial turístico e a singularidade deste territorio simbolizado pola auga, a dos seus ríos e as termais e polos viños do Condado. As autoridades locais ratificaron tamén a importante oportunidade de desenvolvemento económico que se presenta entre o sector empresarial e os distintos profesionais desta atractiva zona do sur da provincia de Pontevedra.
Así, no 2017 asinouse un convenio con Turismo de Galicia que permitíu elaborar diverso material promocional presente no stand de Galicia en Fitur: unha web oficial do territorio e poñer en marcha novos produtos de turismo enolóxico nos que participan unha ducia de adegas. Para este ano 2018 xa se traballa para a elaboración dun plan estratéxico de turismo, de vital importancia para seguir o camiño axeitado, e continuarase cunha importante batería de iniciativas en colaboración co sector empresarial.
Na presentación fixeron un rapaso das principais festividades de interese turístico que teñen lugar ao longo do ano e nas que destacan o Corpus de Ponteareas, a lamprea de Arbo, o Requeixo e o Mel nas Neves ou a do Xamón da Cañiza, entre outras como a romaría da Franqueira.
A presentación, á que asistíu a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén acudiron un importante número de profesionais do turismo. O vídeo promocional “Terras do Condado-A Paradanta” pechou o acto captando a atención dos asistentes.
Así es la nueva aventura gastronómica de un chef con Estrella Michelin en Galicia. Un proyecto tan innovador como clásico, que ya se puede probar
Una borrasca volverá a dejar lluvias importantes este lunes. En Vigo, al final de la semana se podrá disfrutar de varias jornadas de sol
María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 años en el puesto. Firmó el informe de Patrimonio para el proyecto de Altri en Galicia
Este mes de mayo Turismo de Galicia visita China, el mayor emisor de turismo del mundo y uno de los mercados de mayor crecimiento
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL