• AP-9
  • Festival 'friki' Vigo
  • Desembarco Policía Vigo
  • Restaurante de Vigo
  • Fiesta Empanada
  • Oferta Ryanair
  • Fiesta Casco Vello
  • Desayuno Vigo
  • Rally coches clásicos
  • Celta en Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

A UVigo estudará a través do mexillón en Moaña a restauración dos ecosistemas costeiros

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/04/2023

Investigadores e investigadoras de case unha vintena de institucións de sete países europeos: Noruega, Francia, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal e España, traballarán ata o ano 2025 no desenvolvemento de ferramentas deseñadas para servir de guía cara á restauración dos ecosistemas e ao aumento da resiliencia nos climas costeiros, nunha área que abrangue desde Svalbard, no océano Ártico, ata a illa de Madeira. Cun orzamento de 8,5 millóns de euros, o proxecto Climarest, Coastal Climate Resilience and Marine Restoration Tools for the Arctic Atlantic basin, ten unha duración de tres anos e está coordinado polo instituto de investigación noruegués Sintef Ocean AS. Tres institucións españolas participan neste proxecto Horizon Europe, dentro da convocatoria Missions: a Universidade de Vigo, a través do grupo Ecocost do CIM, con Elsa Vázquez, Celia Olabarría, Estefanía Paredes, Jesús López, Mariano Lastra e Jesús Souza Troncoso, como IP; e as universidades de Málaga e Alacante.

“A UVigo estudará na enseada de Meira, nunha batea experimental, propiedade da confraría de Cangas, e cunha zona de control situada nas inmediacións do porto deportivo de Moaña, solucións nos fondos brandos afectados polas tarefas de acuicultura. Abordaremos solucións de aproveitamento do enriquecemento orgánico derivado do cultivo do mexillón, para a introdución de especies de interese comercial que poidan aproveitar este recurso” explica Troncoso, sobre o papel das e dos investigadores da Universidade de Vigo no proxecto, ao que tamén contribuirán creando estruturas artificiais, cun deseño biomimético, realizado pola spin-off da UVigo BluEstructure, que proporcionarán o hábitat, que será colonizado por especies autóctonas, moitas delas de interese comercial.

Másnoticias

Ponen al Álvaro Cunqueiro como ejemplo de excelencia al abordar patologías neurovasculares

17/09/2025

Arrancan en Vigo las obras para crear la nueva grada del Parque Nelson Mandela

17/09/2025

Pola súa banda, en Noruega afondarase en solucións baseadas na natureza para frear a erosión costeira, derivada principalmente do permafrost. En Irlanda, os traballos centraranse na restauración de praderías de fanerógamas mariñas, mentres que en Francia ocuparanse da restauración de arrecifes de ostras e en Portugal testaranse, na illa de Madeira, solucións para a recuperación das florestas submarinas de kelp.

“O proxecto é novidoso, ademais de ambicioso, abranguendo desde Svalbard ata Madeira. En cada un dos países, actuarase a modo demostrativo en situacións distintas”, sinala o catedrático vigués , que destaca a colaboración con Pablo Sánchez Jerez, o IP pola Universidad de Alacante, “que ten unha ampla experiencia no funcionamento de ecosistemas e de hábitats afectados por tarefas de acuicultura e co que levamos varios anos colaborando e temos algúns traballos conxuntos”.

Estudando a viabilidade do lumbrigante

Precisamente, serán os científicos e científicas das universidades de Vigo, aos que acaba de incorporarse Paula Daban, que realizará a súa tese de doutoramento cos datos derivados do proxecto, e de Alacante, os encargados de executar as tarefas de demostración da restauración en ecosistemas sedimentarios afectados pola acción da acuicultura. “A nosa actuación, céntrase en crear un novo hábitat para aproveitar a ‘neve orgánica’, en vista da potencia do crecemento de especies que se alimenten do recurso rexeitado polos mexillóns”, detalla Troncoso, que explica que un dos obxectivos é crear tamén un modelo preditivo, “que poida darnos unha idea de como podería ser a situación do ecosistema de bateas se as condicións oceanográficas mudan no futuro nun escenario de cambio climático”.

Así mesmo, coas estruturas artificiais que serán instaladas preto das bateas seleccionadas, os e as investigadoras testarán a efectividade para a instalación dunha especie de grande interese comercial como é o lumbrigante. “Todo o que fixemos ata agora, dános unha base sólida para poder enfrontar un proxecto, desde a abordaxe, para achegar solucións para un mellor aproveitamento do sistema de bateas” explica Troncoso, que lembra que as bateas, ademais de reconcentrar materia orgánica, funcionan “como un enxeñeiro natural” reducindo o hidrodinamismo e favorecendo a sedimentación, “e é ese recurso o que queremos aproveitar”, detalla o investigador do grupo Ecocost. “Ao mesmo tempo, queremos saber se unha especie como o lumbrigante pode aproveitar este medio para o seu crecemento, tal e como fan outras especies de crustáceos de interese comercial como a nécora ou o centolo”, explica o IP da UVigo, que disporá de preto de 243.000 euros para financiar a parte do proxecto que lles corresponde.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Foto: Guardia Civil
Extra

Detenido un hombre en Mos que tenía una plantación de marihuana en un jardín

...

PorEuropa Press
17/09/2025
Extra

Detenido un joven en Vigo por agredir a su pareja y amenazarla con un cuchillo

...

PorEuropa Press
17/09/2025
iStock/Chalabala
Extra

Detenido en República Dominicana por violar y grabar a una joven en Vigo tras huir de España

...

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025
Extra

Dos detenidos de A Guarda por robos con fuerza en un local hostelero y una tienda de golosinas

...

PorEuropa Press
16/09/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X