"Ten coidado co que dexexas, pode que un día se faga realidade". Así versaba o grafiti que o día 1 de xullo apareceu manchando o mural ás mulleres do mar de Moaña. A obra fora realizada en abril por máis de 30 alumnas de artes do bacharelato do IES María Soliño de Cangas, inspiradas polas pinturas de Luis Seoane. A pintada deixaba tamén barbas e bigotes sobre os rostros das mulleres que dende fai meses adornan o Palco da música da alameda, polo que algúns vincularon o acto vandálico coa aprobación da Lei Trans.
Dende o Concello de Moaña facíanse eco do acontecido no seu perfil de Facebook, asegurando que "en breve actuaremos para eliminar o máximo da mensaxe e coa maior celeridade ". Onte mesmo, dúas artistas, alumnas do centro, voltaron "pincel en man" para arranxar a obra e devolver a Moaña o que é unha homenaxe ao seu pasado mariñeiro e a todas as mulleres ás que no seu día non se lles valorou a súa labor pola vila.
O mural volve estar en perfectas condicións, coma o primeiro día, e o Concello asegura que reforzará a vixilancia deste espazo para que os acontecementos non se repitan. Dende a institución e dende a cidadanía nas redes sociais celebrouse a recuperación do mural: "Volve a súa cor orixinal, a súa alma sen manchas a acompañarnos. Medren as artistas do Morrazo!".

El objetivo de Raíces y Trayectorias es “crear referentes femeninos” y “construir un legado” para las nuevas generaciones
Este sistema consiste en una plataforma tecnológica corporativa para ordenar los accesos de la ciudadanía a sus citas en el centro de salud
La Fiscalía acusa al exfuncionario y a su mujer de intentar "esconder" el dinero llevándolo a una cuenta de un banco de Suiza
El incendio se originó a primera hora de este domingo en un galpón en la playa de Tulla, en la parroquia de Beluso
A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL