Fomentar e dar a coñecer o proceso de adopción de cans e concienciar á sociedade para erradicar o abandono de mascotas, é o obxectivo que busca a xornada que desenvolverán conxuntamente o xoves, 28 de xullo, o Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez e o CAAN (Centro de Recollida e protección de Animais) que depende da Deputación de Pontevedra.
“Buscamos que a xente coñeza que, a través da adopción, damos aos cans e cadelas unha nova vida lonxe do abandono e, na maioría dos casos, dos malos tratos dos que foron obxecto”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. A actividade, por tanto, busca non só dar a coñecer e fomentar a adopción “senón ser unha ferramenta de concienciación sobre o inhumano que é o abandono de mascotas ou os malos tratos sobre as mesmas”, engade a rexedora.
Para realizar a actividade, que ten un horario de 09:30 h a 13:30 horas, instalarase unha carpa informativa na Praza do Concello onde se explicará ás persoas interesadas a forma de adoptar un can. De feito é un proceso moi doado xa que, a través dun código QR se pode acceder á páxina web de CAAN para realizar o proceso de adopción.
Todas as veciñas e veciños que adopten un can ese día ou calquera outro, mentres haxa animais que adoptar, recibirán de agasallo, un saco de penso doado por Nutripema. Doutra banda, e de cara a concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia da adopción e o coidado das mascotas, desenvolveranse actividades especificamente dirixidas a eles e elas e, como agasallo, recibirán un conto.
Este miércoles se detuvieron a ocho personas un operativo en Bueu y Vilanova de Arousa en el que realizaron cinco registros
La detenida por golpear a un agente de la Policía Local en Vigo amenazó también a una médica del PAC de la calle Pizarro
El jueves y el viernes tampoco habrá servicios del tren Celta entre Vigo y Oporto por una huelga de trabajadores
La Policía pudo identificar a una sospechosa que actuaba como agente comercial, y ofertaba seguros a precios bajos
El UM25 de UVigo Motorsport, que cambiará de combustible y aportará por el etanol, competirá en los circuitos de Hungría y Croacia
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL