As 6.903 persoas que durante o pasado ano 2021 visitaron o Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio de Rande– amosan claramente o interese que esta instalación esperta nas persoas que visitan Redondela. Pese as restricións impostas pola pandemia da Covid-19, o Museo de Meirande mantén un crecemento continuado no número de visitantes.
No ano 2020, primeiro da pandemia do coronavirus –e a pesar dos confinamentos, peches perimetrais e estrita limitación de aforos–, Meirande rexistrou un total de 3.449 visitas. Os datos do 2021, xa sen confinamento, supoñen un incremento do 50% respecto ás persoas que visitaron a instalación respecto ao período anterior.
De feito, segundo os datos facilitados polo museo, instalación que depende directamente da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, nos meses de agosto e outubro do 2021 o número de visitantes achegouse aos datos 'prepandemia' do 2019 con 1.172 e 1.301 persoas, respectivamente. Outubro vén marcado pola conmemoración da Batalla de Rande polo que atrae moitas máis visitas, algo que quedou comprobado neste ano pese aos estritos controis de aforo que, como medida de seguridade sanitaria, aplicou o Concello de Redondela.
A previsión para o 2022, sinala a alcaldesa Digna Rivas, “é claramente optimista e todo apunta a superar os niveles de afluencia rexistrados nos anos previos a pandemia”. Para a rexedora redondelá está fora de toda dúbida que o Meirande “está consolidándose como un punto turístico de visita obrigada".
Rivas lembrou que dende a Concellería de Turismo, estanse a desenvolver continuos traballos de adaptación do Meirande ás novas tecnoloxías, como a dotación dunha páxina web moderna e funcional ou, proximamente, a posibilidade de facer visitas virtuais a instalación. “As novas tecnoloxías poñen nas nosas mans ferramentas de extraordinaria importancia que temos que aproveitar á hora de poñer en valor a nosa historia e o noso patrimonio”, conclúe a rexedora local.
Parte de los bolsos falsificados ya tenían los logotipos de las marcas pegados o cosidos. La mercancía tenía como destino Portugal
El hombre, que tuvo que ser liberado tras caerle la pared encima en As Neves, tuvo que recibir asistencia médica
El Sergas señala la dificultad para cubrir las bajas de dos de los cinco facultativos titulares del centro de salud de Salvaterra
Lo considera autor de un delito leve de maltrato animal y destaca el "menoscabo" y la "humillación" que le produjo
La Semana de Cine Submarino de la UVigo se celebra del 18 al 20 de noviembre y proyecta más de una decena de obras completamente gratis
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL