A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente a paralización “inmediata” do Campionato Provincial de Caza do Raposo. A proba cinexética basease, segundo apuntan dende Adega, “na caza indiscriminada de raposos por cuadrillas de entre 10 e 30 cazadores, premiándose aqueles que consigan matar o maior número”.
A proba está organizada pola Federación Galega de Caza, entidade que, lembran dende Adega “recibiu nos últimos cinco anos un total de 141.289,90 euros de diñeiro público subvencionados pola Xunta de Galiza”.
Dende a asociación ecoloxista aseguran que “segundo cifras oficiais achegadas polos propios cazadores, en cada tempada de caza abátense na Galiza entre 12.000 e 13.000 raposos”.
Porén, o 5 de novembro do 2018, o Parlamento Europeo advertiu da rápida propagación da enfermidade de Lyme en Europa, considerándoa un problema de saúde pública no continente. Esta enfermidade é transmitida principalmente por carrachos da especie Ixodes ricinus, os cales albergan a bacteria Borrelia burgdorferi, axente causante da enfermidade, e que se distribúen no territorio hospedándose maioritariamente a través de roedores.
Ante esta praga, Adega subliña que “coa caza masiva de exemplares de raposo durante estes campionatos, estase a eliminar do medio unha gran cantidade de depredadores, o cal provoca un aumento das poboación das presas, como os roedores, que actúan como vectores de propagacións da enfermidade de Lyme”. Por iso, consideran que “a prohibición dos campionatos de caza de raposo constituiría así unha medida preventiva para loitar contra a expansión da bacteria ao diminuír a poboación de roedores portadores de carrachos infectados”.
Ante os censos de raposos que recomendan este tipo de prácticas para evitar a sobrepoboación, Adega asegura que “non existen censos rigorosos nin científicos” senón que son “elaborados e achegados polo propio lobby da caza”.
El hombre, que tuvo que ser liberado tras caerle la pared encima en As Neves, tuvo que recibir asistencia médica
El Sergas señala la dificultad para cubrir las bajas de dos de los cinco facultativos titulares del centro de salud de Salvaterra
Lo considera autor de un delito leve de maltrato animal y destaca el "menoscabo" y la "humillación" que le produjo
Renfe pondrá buses para 16 trenes afectados por estas obras de Adif entre Salvaterra y As Neves del 19 al 22 de diciembre
“Puxemos en marcha unha institución que naceu co soño compartido de formar parte da sociedade"
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL