O Concello de Redondela vén de sumarse á celebración do Día Mundial da Auga que se conmemora o vindeiro 22 de marzo como recordatorio da importancia que ten e auga no ciclo da vida e, por ese motivo, contribuír a mantela fora de calquera fonte de contaminación. Con ese obxectivo, dende o vindeiro día 21 de marzo, o Concello de Redondela distribuirá gratuitamente funís ou embudes que faciliten o enchido de botellas con aceite doméstico usado para, posteriormente, depositalas nos contedores de reciclaxe de aceite existentes no municipio.
Os funís poderán ser recollidos, ata final de existencias e totalmente de balde, na Casa do Concello, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela. A alcaldesa Digna Rivas lembrou a importancia da reciclaxe de aceite doméstico dado que, tal e como demostran os diferentes estudos científicos, “tan só 1 litro de aceite contamina 40 000 litros de auga, que é o equivalente ao consumo dunha persoa no seu domicilio durante todo un ano”.
Rivas amosou o seu convencemento que “os pequenos xestos que cada un de nos poidamos realizar nos nosos fogares e en actividades cotiás, como a reciclaxe de aceite de cociña, son fundamentais á hora de conservar o noso medio ambiente”. “O Concello de Redondela –asegura a alcaldesa– priorizou sempre a defensa do medio ambiente nas súas actuacións como o demostran iniciativas desenvolvidas dende o Goberno local tendentes a fomentar a compostaxe ou a diminuír a utilización de plásticos”.
El acusado, según la sentencia, estafó más de 110.000 euros en devoluciones de IRPF de diversos clientes en Vigo
Treinta prescriptores de España y Portugal recorren en dos días algunos de los principales encantos de Vigo, Baiona o Cambados
El PPdeG acusa al PSdeG de "mentir" y al BNG de no manifestarse "por los desprecios de Sánchez", mientras la oposición ve "responsable" al PP
La importancia de este servicio se evidencia en que más del 50 % de las furgonetas que se fabrican en Vigo pasan por el taller CustomFit
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL