Sabela aposta de novo polo galego para ser a gañadora de OT

Publicidad

O galego terá presenza de novo en OT. Non só pola presenza de Sabela, que logrou o pasado mércores o pase cara á final, senón porque a cantante das Pontes apostará de novo por unha canción na súa lingua para tentar dar un novo paso para quedar entre os tres primeiros clasificados do "talent show" que emite cada semana La 1.

"Tris tras", de Marful, será a nova canción en galego que forma parte da banda sonora de OT 2018 tras "Benditas feridas", de Rosa Cedrón, e "Negro caravel", canción interpretada por Rosa Cedrón e Cristina Pato. Sabela elixe de novo unha interpretación da súa lingua para amosar a riqueza da cultura e, sobre todo, a cultura que se fai en Galicia.

A canción coa que Sabela loitará por gañar Operación Triunfo tamén destaca pola súa letra feminista. A concursante galega tentará con "Tris Tras" dar o penúltimo paso cara a victoria. O vindeiro mércores, o público elixirá cos seus votos cales son os tres participantes do "talent show" que quedarán a un paso de relevar a Amaia Romero.

Sabela logrou un posto na gala final de OT ao ser a favorita da audiencia. A galega tivo un total de 43% dos votos do público para convérterse na cuarta finalista do programa.

Ese será a primeira "batalla" para Sabela. Na pasada edición de OT, Miriam Rodríguez foi unha das sorpresas ao quedar no podio -finalizou na tercera posición- tras quedar por diante de Alfred. A concursante galega loitará por, como mínimo, emular a súa compatriota e estar buscando a victoria ata o final do concurso.

Se Sabela logra superar a primeira criba, a das Pontes terá que interpretar o tema que elixiu na gala 0, "Bachata rosa". O obxectivo da organización de Operación Triunfo é amosar ao público a progresión dos concursantes dende que comezou o "talent show" ata a gala final. Curiosamente, a participante galega fora unha das propostas polo xurado para no entrar na Academia.

O fenómeno de OT tamén terá protagonismo en Vigo o vindeiro mércores. Yelmo Cines proxectará ese día nas súas salas do Centro Comercial Travesía a gala final dun Operación Triunfo que podería gañar a galega Sabela. O prezo da entrada é de 6 euros.

Salir de la versión móvil