Sabela está a un paso de ser unha das finalistas de OT 2018. A concursante das Pontes, a única galega desta edición, xa deixou unha fonda pegada ao salvarse na segunda gala da expulsión coa canción de Rosa Cedrón, "Benditas feridas". A aposta foi unha das mellores decisións que adoptou a cantante de 24 anos. Supuxo un antes e un despois no "talent show" emitido cada mércores por TVE. Sabela pasaba de loitar por non ser a primeira expulsada de Operación Triunfo a converterse, semanas despois, nunha das favoritas da audiencia do programa.
A artista galega eludiu a expulsión dez galas despois. Sabela xa é semifinalista. Queda só un paso máis para permanecer ata o final na Academia musical máis popular da televisión española. Nesa loita por emular a Miriam Rodríguez, que acadou en OT 2017 a terceira posición, a das Pontes volverá cantar en galego en Operación Triunfo. Nesta ocasión, Sabela interpretará "Negro caravel", un tema de Rosa Cedrón e Cristina Pato.
Sabela foi unha embaixadora da lingua e da cultura galega nesta edición de Operación Triunfo. Soubo prolongar a pegada que deixou fai un ano Roi Méndez cando viralizou o termo sapoconcho. A artista galega, sen embargo, foi máis alá do anecdótico. Apostou por un tema en galego para salvarse e, agora, volve a facer o mesmo para loitar por un posto na final do "talent show". Ademais da presenza da lingua nun espazo televisivo nacional de "prime time", a cantante deixou claro na Academia o seu pasado como pandereteira e a morriña que sentía por non falar galego. Esta semana, Sabela saciará ese anhelo de falar o noso idioma cun "Negro caravel" co que aspira a ser unha das candidatas a gañar o "talent show" que emite TVE.
Se ha confirmado que se trataba de un vecino de Cangas conocido como 'Panu', y que ha sido incinerado este martes en el concello morracense
El presidente gallego ha ha defendido que un cambio de Gobierno "podría solucionar" muchos de los problemas actuales
Se buscan socorristas para preparar la temporada de baño en Tomiño. Será para la bonita playa fluvial de la localidad
El Centro de Inserción Social se estrenó en 2006 "con instalaciones inferiores a las necesarias para atender a la mayor ciudad de Galicia"
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL