Sahla Abba-Lehbib Bahía e Yusef Abderrahman Sluj son a nena e o neno saharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Tras chegar o pasado día 17 a Galicia foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos.
Yusef é o segundo ano que vai compartir estes meses de verán cunha familia tudense, mentres que Sahla é a primeira vez que participa nesta programa, no que unha irmá súa estivo tamén con anterioridade en Tui.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deulles á benvida á cidade desexándolles que pasen un bo verán disfrutando de actividades propias desta época coma a praia e a piscina. Amosou amais o rexedor o seu agradecemento ás dúas familias acolledoras por sumarse a este programa permitindo que estes cativos poidan pasar os meses de xullo e agosto lonxe das extremas temperaturas que no verán hai nos Campamentos de Refuxiados.
Durante a súa estadía, até o 2 de setembro, Shala e Yusef, aproveitarán tamén para mellorar o seu castelán, pasar revisións médicas e sobre todos disfrutar do tempo de convivencia e lecer coas súas familias.
Dos personas detenidas y una investigada tras un operativo de la Guardia Civil en la provincia. Se les investiga por tráfico de drogas
El hombre ha aparecido muerto este lunes por la mañana flotando en el mar en las proximidades de la playa de Loira
La madre, muy afectada, tuvo que ser atendida por los servicios médicos en el lugar, explicó que no era el primer episodio violento que sufría
"Aquí en Galicia o raro é o normal", bromean tras captar la imagen de un jabalí nadando en las tranquilas aguas de la ría de Arousa
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL