Vandalizan en Vigo o mural feminista de Gran Vía das sete "pioneiras" viguesas

O mural despois de ser saboteado // Asociación Nós Mesmas

Publicidad

Ataque ao arte e, sobre todo, atentado contra un mundo sen desigualdades. A Marcha Mundial das Mulleres de Galiza denunciou a agresión contra o mural que o colectivo fixo coas Tamborililás na Gran Vía de Vigo. A obra, composta por sete mulleres pioneiras de Vigo e da súa contorna que loitaron pola igualdade, amenceu este luns coas pintadas de “Stop Feminazis”. “Condeamos a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque”, sinalan dende as redes sociais do colectivo.

A denuncia ao ataque machista non remata aí. “Tinguiremos todos os muros de lilás porque o feminismo non para até que todas sexamos libres!”. O mural situado na Gran Vía de Vigo, deseñado por Eva Casals, foi inaugurado o pasado 12 de abril. A obra está protagonizada por sete mulleres pioneiras, sete loitadoras pola igualdade que amosaron que as mulleres non precisan dos homes para acadar os seus obxectivos. Na peza artística están retratadas Olimpia Valencia, Placeres Castellano, Corona González Santos, Saladina, Rosario Hernández “A Calesa”, Carmen González “A Picoña” e Urania Mella.

Un tributo a sete mulleres que foron, son e serán un exemplo. sete mulleres de Vigo e da contorna que iniciaron un camiño que toca seguir percorrendo para acadar esa igualdade real pese a ataques como os que sufriu o mural situado na Gran Vía de Vigo, precisamente un espazo de Vigo que hai pouco máis de dous meses acolleu a multitudinaria mobilización polo 8M. A Asociación “Nós Mesmas” tamén lamenta o ataque e sinala que “na adversidade seguiremos cara diante, aínda máis fortes, aínda máis unidas que antes!!”.

Quen son as "pioneiras" do mural da Gran Vía?

Salir de la versión móvil