Este ano, a 'Feira do Requeixo e do Mel' das Neves, non será 'presencial'. Ainda que os datos da evolución da pandemia sinalan una satisfactoria evolución no concello, no que non hai casos activos dende hai máis dun mes, o Goberno municipal tomou a decisión de non colocar os tradicionais postos na Praza Maior e apostar por unha edición 'on line', que terá máis duración no tempo
Deste xeito, dase inicio a unha serie de accións e actividades arredor do requeixo que se desenvolverán durante o 2021, así ao longo do mes de abril realizarase un 'Concurso virtual' de receitas do Requeixo das Neves para Bloggers de España e norte de Portugal.
O concurso presentarase o venres de Semana Santa, que é o día habitual da Feira e estará aberto á participación ata final de mes. O xurado estará composto por catro persoas do ámbito profesional da gastronomía.
Para a promoción da Feira, e do requeixo e o mel e das Neves , realizaranse vídeos con sete chefs galegos: Iñaki Bretal (do restaurante 'Eirado da leña'); Marco Varela (de Casal de Arman); Miguel Mosteiro 'Gastrolab); Ángel Martínez e Víctor Otero ('A Xanela Gastronómica'); Óscar Vidal ('O Pazo'); Adrián Albino ('Niño Corvo') e Begoña Vázquez ('O Souto das Candeas').
Entre outras cousas, tamén ao longo deste ano dende o Concello se promoverá a creación dun book fotográfico de requeixo no que participarán chefs que formaron parte das actividades da Feira do Requeixo e Mel nos últimos anos en accións como os pregóns ou os showcookings.