A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organizou a xornada técnica O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria. Terá lugar o vindeiro venres, día 8 de abril, na Casa da Auga, na parroquia de Santa María de Vide, no concello pontevedrés das Neves. Os interesados en participar neste evento poderán inscribirse de xeito gratuíto a través do seguinte correo electrónico: artesaniaalimentaria.agacal@xunta.gal.
No programa da xornada, que comezará ás dez e media da mañá, abordarase o requeixo como produto amparado polo Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria, así como a norma técnica elaborada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración co sector, para este produto. Para expoñer esta cuestión participarán como relatores dous técnicos do departamento de Protección da Calidade Diferenciada desta axencia.
Ademais, neste evento técnico tamén se presentarán os traballos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a caracterización organoléptica e sensorial do requeixo galego, a partir de mostras de distintas zonas. A continuación haberá un debate con produtores galegos desta especialidade, que darán a coñecer as distintas formas de facer vinculadas á tradición. O programa pecharase ao mediodía cunha cata comentada dirixida por técnicos especializados, para avaliar e debater sobre as características organolépticas das mostras de diferentes tipos de requeixo analizadas.
Esta xornada técnica celébrase pouco máis dun mes logo de que o Diario Oficial de Galicia publicara -o pasado día 4 de marzo- a orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproban as primeiras 14 normas técnicas que veñen desenvolver o decreto que regula a artesanía alimentaria na nosa comunidade, así como os distintivos que identificarán os produtos artesáns, os produtos artesáns da casa e os produtos artesáns de montaña. Entre estes produtos atópase o requeixo.
O Rosal ya prepara su Mercado de Nadal con zona gastro, artesanía y asociaciones sin ánimo de lucro. Pone fecha a esta "cita imprescindible"
Salceda de Caselas se prepara para acoger la cuarta edición de su Festa Furancheira. Una cita gastronómica para animar el área de Vigo
Tomiño disfrutará en noviembre de una fiesta durante tres días. Habrá un evento gastronómico y una gran verbena
Llega el tercer aniversario del Mercado Reciclado en Vigo. Habrá música, talleres, artesanía y moda de segunda mano y vintage
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL