O ciclo noitiNHas MUSIC, que mestura música en directo e gastronomía nunha terraza de Santiago, volveu este mércores 2 de agosto cunha nova cita de balde con Rafa Centeno, posuídor dunha estrella Michelín no seu restaurante Maruja Limón, en Vigo, como protagonista.
O evento tivo lugar na terraza grande do andar cero a partir das 19:30 horas promovido polo hotel NH Collection Santiago e organizada por Correveydile e conta co apoio de Cervezas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias musicais e gastronómicas pensadas para desfrutar sen prisa e cos cinco sentidos.
O chef convidado prepararou como petisco un “tartar de Ternera Gallega, parmesano, berros e millo” completando a carta gastronómica ofrecida polo equipo de cociña do NH Collection Santiago, a proposta de coctelería do Pub Lucille cun atractivo combinado a base de cervexas Alhambra, a escolma de cervexas especiais de Alhambra, a actuación en directo do grupo madrileño de rock bailable, Cometa, e a selección musical do picadiscos AndreXreixA.