• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

A Deputación reivindica en Vigo a Delgado Gurriarán como exemplo da loita polo país e o galego

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
25/05/2022

A Deputación de Pontevedra reivindicou na tarde do martes a Florencio Delgado Gurriarán como exemplo da loita polo país e a lingua e “semente de novos proxectos para facer agromar a Galiza infinda que tan ben contou”. Fíxoo no acto celebrado na sede da Deputación en Vigo para celebrar as Letras Galegas 2022 onde se representou o espectáculo ‘Coa ledicia de voltar’ do actor Serafín Marcos en colaboración coa editorial Galaxia e no que participaron a presidenta Carmela Silva e a deputada de Lingua e Memoria María Ortega.

A representación quixo ser un percorrido biográfico no que practicamente todo o texto tivo orixe nas súas poesías. Foi un relato divertido e interactivo dedicado a público familiar no que, a través de anécdotas, abondouse sobre a importancia da figura do autor homenaxeado de maneira didáctica.

Másnoticias

Las citas rápidas para conocer gente nueva vuelven este mes a Vigo

10/05/2025
TURISMO DE GALICIA

Abren las inscripciones para conocer las Brañas de Xestoso, un paraíso interior en Pontevedra

10/05/2025

A peza comezou coa viaxe en tren de Florencio cara Guadalajara, onde viviu en México, seguiu coa benvida ao seu fogar, onde tiña imaxes do seu amigo Arturo Souto, para pasar despois a pasaxes como a do viaxe ao exilio a través do barco Ipanema, onde Florencio non entendía ao resto dos viaxeiros chineses, e que estivo 10 días parado coa hélice rota ata chegar a Martinica. Entre as anécdotas, reivindicarase ao Florencio alegre que botaba en falta e reivindicaba a súa terra.

A homenaxe ao autor do Córgomo comezou coas palabras da deputada de Memoria e Lingua María Ortega, quen sinalou que Florencio Delgado Gurriarán representa á perfección a loita polo país que levou a cabo a súa xeración “e que nós vindicamos como legado”. Subliñou que malia a súa importancia e mesmo malia o esforzo que veñen facendo desde hai décadas persoas expertas, a súa traxectoria non é dabondo coñecida.

“Queremos tomar consciencia da importancia dun home que traballou a reo en prol da defensa da nosa lingua, a nosa cultura e os valores democráticos que encarnaba o bando perdedor da guerra civil española”, lembrou a nacionalista, engadindo que “o golpe de Estado empurrou a Florencio ao exilio, mais, lonxe de deixar atrás a Terra, levouna na maleta e seguiu traballando a reo por ela. E xunto a moita outra xente desprazada atesourou a idea de país e sementou novos proxectos para que puidese agromar algún día esa Galiza infinda que tan ben contou”.

Por todo isto, a deputada salientou a conveniencia de dedicarlle as Letras Galegas deste ano e de estudar e divulgar a súa figura. Neste sentido, explicou que a Deputación, dende os departamentos de Lingua e Memoria, puxo en marcha varios traballos, entre eles a edición dunha banda deseñada sobre Delgado Gurriarán destinada á xente moza a cargo de ‘O Garaxe Hermético’, doutro libro de Polo Correo do Vento para as crianzas. A eles únense os espectáculos que están a percorrer 35 concellos da provincia, a adquisición de libros do autor para repartir entre bibliotecas municipais e centros de ensino á editorial Galaxia, así como a celebración de actos como o de onte.

A presidenta, pola súa banda, gabou a figura de Florencio Delgado, “un poeta que a través dos seus versos defendeu a nosa lingua, a galega, e reivindicou co seu emprego o espazo que lle corresponde no tecido cultural”. Carmela Silva amosou o seu “orgullo pola lingua que constrúe o noso pobo e que -engadiu- debemos de empregar para seguir manténdoa viva, porque a nosa cultura e a nosa historia están escritas en galego e o mesmo debe suceder co noso devir”. A presidenta tamén se lembrou de Rosalía de Castro, a poeta que dá nome a sala na que se celebrou o acto. Para Carmela Silva “que a máxima expoñente da nosa lingua sexa unha muller dá conta das aptitudes que temos as galegas para crear cultura malia que durante séculos fomos silenciadas”. Así mesmo, fixo referencia a Vigo como “a cidade que veu nacer as Letras Galegas”.

Temas: Deputación de PontevedraDía das Letras GalegasLetras GalegasVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Las bandas de Vigo podrán grabar sus propios temas gratis con esta iniciativa

Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse

PorGabriel González
26/04/2025
Enfoque

El talento vigués de Fon Cortizo triunfa en Moscú con el premio al mejor cortometraje

"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados

PorÁngel Vila
25/04/2025
Gafapasta

Fechas y horarios para ver en Vigo las películas galardonadas en los Premios Oscar 2025

Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar

PorMetropolitano
04/03/2025
Imagen de una estatuilla de los Oscar // SHUTTERSTOCK/LANKS
Gafapasta

De Vigo a los Óscars, los dos cortometrajes que triunfaron en el GFFF que optan al eunuco dorado

Dos de los cortos premiados en el Galician Freaky Film Festival de Vigo en 2024 lucharán ahora por triunfar en los Oscars

PorPaula Carballo
27/01/2025
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X