• Fútbol Emotion
  • Relleno Puerto
  • Pre Fin de Año
  • Mirador precintado
  • Navidad en Tui
  • Animales robots
  • Mercado Navidad Bouzas
  • Fiesta del Cine
  • Cine A Ramallosa
  • Jabalí acuático
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

A lingua galega en 2050, entre a elexía e a esperanza

A lingua galega en 2050, entre a elexía e a esperanza
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
28/10/2021

Como pensan que estará e como desexarían que estea a lingua galega a mediados deste século 25 persoas para as que o galego é o seu vehículo de expresión artística, obxecto de estudo académico ou materia de xestión política? Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero, Rexina Vega, Xosé-Henrique Costas, Pilar García Negro, Xosé Luís Axeitos, Conchi Cochón, Valentín García, Xosé Luís Regueira e Teresa Moure, entre outros responden a estas cuestións en A lingua en 2050, un libro coordinado polo director da Área de Normalización Lingüística e docente e investigador da UVigo, Fernando Ramallo, e publicado por Catro Ventos Editora. “Entendo que o debate sobre as condicións nas que se atopa a lingua galega continúa a precisar materiais ensaísticos e divulgativos que cheguen ao conxunto da poboación preocupada polo presente e polo futuro do idioma”, argumenta Ramallo, que aínda que non considera que o libro veña a ocupar un espazo baleiro, “si que botaba en falta propostas nesta dirección”.

Este mediodía o salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acolleu un acto de presentación do volume, no que varios das e dos autores que nel participan, puxeron voz ás reflexións que verteron no libro, no que segundo Ramallo “como resulta esperábel, hai posicións diversas, contraditorias, ás veces, sobre ese futuro para a lingua. En xeral, hai certo acordo en que cómpre un cambio das condicións (políticas, legais, económicas, ideolóxicas, educativas…) para transformar a lingua galega nunha lingua desminorada, espandida no conxunto da poboación. Quero dicir, que se esas condicións estruturais e superestruturais non mudan, a prospección é, maiormente, negativa”, detalla o coordinador de A lingua en 2050. Esta diversidade de opinións sobre o futuro do idioma tamén se puxo de manifesto este mediodía na presentación deste volume, no que os textos se conformaron, segundo o seu coordinador, “a partir da interpretación da situación social, política e legal da lingua en 2021, independentemente de que o estilo sexa unha ficción estética, unha prospección maiormente utópica ou un texto con fins máis académicos”.

Másnoticias

Carrefour mantiene su apuesta por Vigo y abre otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días

Carrefour mantiene su apuesta por Vigo y abre otro súper de barrio "non stop" que abrirá todos los días

03/11/2025
La limpieza del vertido de aceite en la ría de Vigo se centra en dos zonas: Moaña y dársena de Guixar

La limpieza del vertido de aceite en la ría de Vigo se centra en dos zonas: Moaña y dársena de Guixar

03/11/2025

Fran Alonso, Celso Álvarez Cáccamo, Rosa López, Dario Xohán Cabana, Xosé Ramón Freixeiro, Xenaro García, Luis López, Anxo Lorenzo, Marcos Maceira, Henrique Monteagudo, Teresa Moure, Manuel Núñez Singala, Gabriel Rei-Doval, Francisco Rodríguez, Iolanda Teixeiro e o propio Fernando Ramallo, completan a nómina de autores e autoras seleccionados polo seu compromiso “coa reflexión, desde unha sociolingüística política, ao redor da lingua”, explica o coordinador do volume, que di ser consciente das ausencias, aínda que o que lle importa, asegura “é que as presencias sexan relevantes para a finalidade do libro. Por outra banda, é unha obra aberta, que cumprirá o seu labor se suscita propostas sobre a mesma temática, ou semellante, noutros grupos".

Da utopía de Rexina Vega á elexía de Xosé Luís Axeitos

O escritor e doutor honoris causa pola UVigo Xosé Luís Méndez Ferrín foi o primeiro en dar voz ás súas reflexións plasmadas nun libro, no que considera que “colaboramos baixo a angustia da perda dun tesouro, que se produce hai moito tempo. O escritor do libro está acurrado polas ondas da ameaza da extinción”, dixo o autor, para quen o futuro da lingua pasa porque os amantes do galego ocupen o poder e sexan os donos da economía. Pola súa banda, a técnica de Normalización do Concello de Pontevedra Conchi Cochón, asegurou en consonancia co dito por Ferrín “escribir baixo a presión da perda” e aínda que recoñeceu que este é un momento crítico para o futuro da lingua, sinalou os catro puntos que considera deben marcar o camiño para garantir a supervivencia do idioma: a inmersión lingüística no ensino, actuar no ámbito privado, e economía e a tecnoloxía.

Manuel Núñez Singala, director da Área de Normalización Lingüística da USC, que optou pola ficción na súa achega ao libro, asegurou que “para que o galego teña futuro ten que haber un cambio político de actitude”, mentres que o director do Instituto da Lingua Galega, Xosé Luís Regueira, considera que “non podemos permitirnos ser pesimistas. Confío en que sexamos quen de que o galego sobreviva e se desenvolva”. A escritora e docente e investigadora da UVigo, Rexina Vega, achegou ás persoas que participaron na presentación do libro unha visión utópica na que imaxina “unha paisaxe multilingüe: galego, portugués e español” e un novo modelo de lingua máis híbrida, cunha escola e unhas institucións monolingües en galego. “É un futuro posible. Hai partido”, asegurou Vega na súa intervención.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, recoñeceu que “aínda que hai situacións que evidencian que é difícil vivir en galego, hai datos esperanzadores, como o progresivo incremento rexistrado nos últimos anos na porcentaxe de persoas que escriben en galego”, dixo Maceira, para quen “depende de nós que haxa unha mudanza polo galego, que non só é unha lingua, senón un factor de desenvolvemento dun pobo”. Pola súa banda, o escritor Fran Alonso incidiu na importancia de reactivar o debate sobre a lingua e avogou por cambiar as mentalidades, ademais de sinalar “o neofalantismo como un factor clave. Hai que crear unha especie de irmandade de neofalantes cara á proxección da lingua, ademais de reactivar na sociedade civil a inquedanza sobre o futuro da lingua”.

O escritor e membro da RAG Xosé Luís Axeitos manifestouse profundamente pesimista, e mesmo nun ton elexiaco sinalou que “a patoloxía é mortal”, referíndose á lingua, que comparou cun amigo que está a morrer e sobre a que asegurou que a única forma de salvala, “como xa dicía o Padre Sarmiento”, é a inmersión lingüística. Valentín García, secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia foi o encargado de pechar a rolda de intervencións dos autores dos textos, poñendo en entredito as afirmacións de que a solución para garantir o futuro do galego estea no poder político e no ensino. “Cantos falamos a lingua que nos manda o poder político? Imos falar a lingua da contorna: familia, amigos, economía, medios…”, dixo o secretario xeral que considera que estamos abocados a unha sociedade plurilingüe e que as linguas deben gañar a batalla da tecnoloxía.

Temas: literatura galegaUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia
Enfoque

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

...

PorUxía Pérez
01/11/2025
'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar
Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

...

PorEuropa Press
17/09/2025
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

...

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

...

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados
Enfoque

Récord histórico no Programa Universitario de Maiores da UVigo con máis de 600 matriculados

PorMetropolitano
31/10/2025

409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X