• Proyecto urbanístico Vigo
  • RBF Nigrán
  • Rehabilitación Vigo
  • CC Gran Vía
  • Vigo SeaFest
  • Festa da Cigala
  • Clanes Netflix
  • Ponte Caldelas
  • Irene Nortes
  • Rally Rías Baixas
  • Caso Saltamontes
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

A película "Ons", de Alfonso Zarauza, abre a nova edición do Culturgal

A película "Ons", de Alfonso Zarauza, abre a nova edición do Culturgal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/11/2020

Un dos títulos cinematográficos máis agardados do ano abrirá a 13ª edición de Culturgal o venres 27 de novembro. “Ons”, o último filme de Alfonso Zarauza, chega a Culturgal antes de estrearse nas salas comerciais e tras o paso por dous grandes certames: o Festival de Cine Europeo de Sevilla e Cineuropa en Santiago de Compostela. O pase de “Ons” no Pazo da Cultura de Pontevedra será moi especial, polo miniconcerto previo da banda Chicharrón, responsable do tema principal da película, e pola presenza do director e reparto que compartirán os primeiros pasos do filme co público. Este será un dos poucos eventos exclusivamente presenciais de Culturgal 2020, que traslada a súa programación á retransmisión online para chegar a máis público neste ano de pandemia.

“Ons” é o quinto filme de Alfonso Zarauza, que levou trama e cámaras a unha das illas emblemáticas de Galicia. O paraiso agreste da illa atlántica de Ons, cuns poucos habitantes dispersos entre o verdor e os acantilados, vai exercer como un polo magnético na vida dun grupo de persoas. No argumento, un matrimonio que chega a Ons, días que van volvéndose borrascosos, segredos gardados que empezan a aflorar, e unha muller estranxeira que aparece desmaiada na beira do mar. Unha enigmática irrupción que terminará de espallar un influxo innomeable nas vidas dos protagonista. Nas palabras do seu director, Ons é unha película “moi enigmática, poderosa e fermosa, tanto a nivel estético, fotográfico, colorista e plástico, como a nivel conceptual, discursivo”.

Másnoticias

Vigo ya tiene fecha para la inauguración de los nuevos cines premium que pondrán "el mundo patas arriba"

Entradas gratis para el cine más moderno de Vigo: el CC Gran Vía anuncia este divertido concurso

17/06/2026
Vigo confirma que Castrelos se volverá a convertir en un cine gratis al aire libre este verano

Vigo ya tiene fecha y hora para convertir Castrelos en un cine de verano gratuito, ¿qué pelis podrás ver?

16/06/2026

A súa estrea mundial no Festival de Cine Europeo de Sevilla na sección “Historias Extraordinarias. Selección Oficial Special Screen” terá lugar mañá xoves 12 de novembro. Tamén terá un pase o día 22 de novembro na 34ª edicíón de Cineeuropa en Santiago de Compostela. Na apertura da Culturgal, o venres 27 de novembro ás 19:00, a proxección contará coa presenza de Alfonso Zarauza, do produtor Xavi Font, e de boa parte do reparto encabezado por Melania Cruz, Antonio Durán 'Morris', Xúlio Abonjo , Anaël Snoek e Marta Lado. Será un evento presencial, dentro da programación de cinema de Culturgal coordinada por AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), co aforo permitido e cos convites dispoñibles online unha semana antes na páxina cultur.gal.

O concerto previo de Chicharrón suma talento ao pase de “Ons” o venres 27. A banda de Carballo é a autora do tema musical principal da película "Na Cela", unha canción na que se musica un poema de Antía Otero. Desde 2014, coa gravación do seu primeiro disco "Chicharrón" (Prenom, 2014), a banda é un dos nomes claves da escena pop musical innovadora do país. Acaban de anunciar a próxima saida do traballo “Unha fogueira intacta”.

https://www.youtube.com/watch?v=3A4euPrpZQU

Dous días, tres canles e 20 horas de transmisión da Culturgal

A 13ª edición da Culturgal irá avanzando o seu programa nos próximos días, protagonizado polas grande estreas do ano e os nomes de referencia da literatura, música, arte contemporánea, cinema e artes escénicas. Só o Espazo Cinema sera exclusivamente presencial xa que a programación dos outros tres escenarios: Foro, Escena e Libro será transmitida a través de tres canles na web cultur.gal. O sábado 28 e o domingo 29 de novembro, máis de 70 propostas culturais de música ao vivo, teatro, libros, arte, ciencia e espectáculos para toda a familia, 12 cámaras, 20 horas de retransmisión en cada canle e un equipo de máis de 60 persoas traballando para levar ás casas o mellor da cultura galega.

Culturgal 2020, co lema “En caso de emerxencia, cultura” está organizada pola asociación do mesmo nome, presidida por Victor López, e da que forman parte AGE (Asociación Galega de Editoras), AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), Eganet (Empresas Galegas Adicadas á Internet), AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e Escena Galega. A conversa continuada nos últimos meses coas institucións patrocinadoras da Feira é fundamental nesta edición marcada pola COVID19. A Xunta de Galicia, a través de Agadic, sera un ano máis a patrocinadora principal da Feira; ademais, o apoio fundamental do concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e do Ministerio de Cultura e Deporte.

Culturgal é “insignia cultural” de Galicia, de acordo ao ranking 2019 da Fundación Contemporánea. Sitúase como o proxecto máis destacado no sector cultural galego no informe do Observatorio da Cultura de España.

https://www.youtube.com/watch?v=pAKxccwV-v8

Temas: CineCulturgal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas
Enfoque

Llega el "incómodo y adictivo" thriller con guiños a Vigo que promete ser un superventas

El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor

PorIván Dacal
02/05/2026
La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo
Enfoque

La UVigo sigue creciendo, se sitúa ya entre las 850 mejores universidades del mundo

PorUxía Pérez
18/06/2026

La Universidade de Vigo ocupa el puesto 22º en la clasificación nacional subiendo dos peldaños con respecto a al ranking de la pasada edición

Comentarios 1

  1. Lauro says:
    Hace 6 años

    Olá,
    A ver se alguén pode publicar a Ligazón pra seguir o CulturGal 2020 por streaming, por favor....
    L

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

12junTodo el día20Festa da Alegría de O Calvario en VigoFIESTAS | VIGO | GRATIS

19jun(jun 19)18:5920(jun 20)18:59Días Tolos del comercio local en O Porriño

19jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

21jun09:0013:00III Etapa Popular Camiño da CostaRUTA XACOBEA VIGO-REDONDELA

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X