• Polémica en Redondela
  • Planazos finde
  • Alerta roja calor
  • Festa do Mexillón
  • Mercadillo Vigo
  • Incendio Chandrexa
  • Velas O Porriño
  • Fiestas Gastro
  • Vino blanco Premio
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

A Rabuxa ou O Bocanegra, entre os 243 alcumes de Cangas recollidos nunha investigación

Ángela Otero cunha das informantes da súa investigación

Ángela Otero cunha das informantes da súa investigación

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
21/03/2022

O estudo do galego, desde todas as súas perspectivas, ten canteira e así se demostra no novo número da revista Cumieira. Trátase dunha serie de cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, unha ventá coa que sacar á luz os traballos académicos das investigadoras e investigadores máis novos do ámbito da lingua e a literatura galega.

Editado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, este sexto volume da revista recolle cinco investigacións avaliadas pola comisión de revisión científica da publicación, composta polos profesores da Universidade Vigo Anxo Angueira, Xosé Henrique Costas, Alexandre Rodríguez Guerra e Xosé A. Fernández Salgado, director da publicación.

Másnoticias

Caballero sorprende con un posible "gran cierre de fiesta" con conciertos sorpresa en Castrelos

09/08/2025

Vigo ampliará su presupuesto usando más de 72 millones de los ahorros municipales

09/08/2025

Entre as investigacións que forman parte da revista atópanse un estudo sobre  as características lingüísticas de 243 alcumes da parroquia canguesa de Darbo; un sobre as singularidades do léxico raiano galego-portugués; outro sobre a narrativa de Méndez Ferrín; un cuarto sobre a interpretación da paisaxe galega e un quinto sobre as alternancias nas locucións preposicionais.

Alcumes: “un rico patrimonio lingüístico en serio perigo de extinción”

Manuela a Asturiana, Paulino o Bocanegra, Finucha Correquechove, Gilito o Manicotes, A Rabuxa, Manolo o Tourón... Así ata 243 alcumes recollidos pola investigadora Ángela Otero, graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, na parroquia de Darbo en Cangas do Morrazo.

“A pesar de seren fenómenos moi antigos cunha relación moi próxima ao nome propio, os alcuños forman parte dun rico patrimonio lingüístico en serio perigo de extinción, motivado por novos modos convivenciais fortemente influenciados polos ámbitos urbanos”, explica a autora no artigo, un estudo no que expón as características lingüísticas destas “formas expresivas tan antigas coma o propio ser humano”.

Desde o punto de vista da autora, a diferenza do nome propio, “que perdeu totalmente o seu significado léxico”, o alcume orixínase a partir dunha motivación e pode ter diversos creadores, aínda que polo xeral dan conta dalgún trazo característico da persoa á que se refiren dun xeito burlesco, irónico e festivo. “Adoitan estar vencellados ao mundo rural, pero non é estraño tampouco escoitalos nas cidades e, actualmente, na xente nova velos nas redes sociais mediante os chamados nicknames”, recalca a investigadora.

Un léxico propio para 130 quilómetros de fronteira luso-galaica

No caso do filólogo ponteareán Fernando Groba Bouza o seu estudo afonda nas características do léxico raiano galego-portugués a partir da selección e transcrición de testemuños orais de persoas que aparecen en diferentes documentais de televisión existentes sobre a vida na raia.

Trátase de amosar, comparar e analizar, a partir destes testemuños, as características do léxico de diferentes puntos xeográficos que se prolongan a través de boa parte da raia galego-portuguesa. 130 quilómetros fronteirizos que se atopan situados entre os municipios de Castro Laboreiro e Caminha, do lado portugués, e entre os de Lobios e O Rosal, do galego.

“Este estudo trata de abrir, valorar, comprobar e introducir unha nova vía e unha nova ferramenta na laboura da pescuda que axude, de forma complementaria (ou mesmo central), en futuras análises dialectais e xeolingüísticas”, subliña o autor no artigo.

Narrativa de Méndez Ferrín, paisaxe, gramática...

Este sexto número da revista inclúe tamén o artigo de Abraham Castro García, quen examina a obra Retorno a Tagen Ata (1971) de Méndez Ferrín desde o materialismo histórico, entendendo a orixe e estrutura do relato determinadas polo seu servizo social, como medio a través do que difundir o novo nacionalismo galego do momento.

No caso de Nuria Bouzas analiza e contrasta a imaxe que ofrece o xornalista arxentino Arlt en 1934 sobre Galicia, nas súas crónicas para o bonaerense El Mundo recollidas en Aguafuertes gallegas, unha visión que se distancia dos tópicos que se foran fixando dende o século XVI, ben que tamén se asemella a ela nalgún outro aspecto.

O volume péchase co traballo de Antonio Martín, que aborda de xeito contrastivo a rendibilidade e os posibles motivos pragmáticos da variación nas preposicións que aparecen nas locucións creadas a partir dos substantivos "base" e "respecto", tanto en galego coma castelán.

Descarga gratuíta

Dende o seu número inicial, en 2016, Cumieira tira unha edición en papel e, ademais, todos os volumes poden descargarse gratuitamente en PDF na web de departamento.

Temas: Cangaslingua galegaUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

...

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

...

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

...

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

...

PorMetropolitano
20/06/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15ago18:18Conciertos de Castrelos 2025 - UB 40 ft. Ali Campbell en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X