Despois da adquisición dos dereitos de emisión da serie por parte de HBO, Auga seca pode verse dende este mércores 1 de abril na plataforma. Rodada orixinalmente en galego e en portugués, convértese así na primeira serie en lingua galega que se incorpora ao catálogo da plataforma, que tamén ofrecerá versión dobrada ao castelán e con subtítulos en español e en inglés. Coa aposta de HBO por Auga Seca, desenvolvida pola produtora galega Portocabo e coproducida xunto á portuguesa SP-i, a serie avanza na súa difusión internacional a través da distribuidora británica DCD Rights.
Auga seca, que xa finalizou con éxito a súa emisión en Televisión de Galicia e RTP, é un thriller que xira arredor do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial. Nel, a actriz portuguesa Victoria Guerra traballa a carón dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores galegos Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais son algúns dos nomes que completan o elenco internacional da serie.
Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de José Amaral de SP-i e Alfonso Blanco de Portocabo, creador da serie. O guión corre a cargo de José Rubio, Carlota Dans, Lidia Fraga, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez; a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte de Andrea Pozo e a música de Elba Fernández e Xavi Font. Sumando forza a este equipo internacional atópanse destacados profesionais do grupo SP Televisão, ao que pertence SP-i, cuxas series foron premiadas nos prestixiosos International Emmy Awards.
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL