• Nueva apertura Vigo
  • Feria Portugal
  • Bullying Baiona
  • Alerta amarilla en Vigo
  • Ruta Vigo secreto
  • Vino gratis Portugal
  • Vigo corona su Navidad
  • Ruta Gastro O Porriño
  • Samaín Balaídos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Bueu inicia a conta atrás para o seu Festival Internacional de Curtas máis ambicioso

Bueu inicia a conta atrás para o seu Festival Internacional de Curtas máis ambicioso
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/09/2018

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proponse atraer nesta undécima edición unhas 15.000 persoas cun ambicioso programa que inclúe medio cento de actividades cinematográficas e de lecer. Deste xeito, “o certame afronta o reto de pendurar o cartel de “non hai billetes” durante 9 días”, do 7 ao 15 de setembro. Así o explicou o director do FICBUEU, Manuel Pena, na presentación do evento, na que tamén interviñeron representantes do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da Axencia Galega das Industrias Culturais, principais institucións cofinanciadoras.

Neste senso, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, lembrou que “nestes anos, o festival non só se consolidou, senón que foi quen de ir medrando co apoio das distintas administracións pero, sobre todo, co esforzo da organización”, de maneira que “as últimas edicións non teñen moito que ver coas primeiras, aínda que manteñen a súa esencia” e “un éxito que se reflicte na asistencia masiva, á que aspira calquera sala de cine”, concluíu.

Másnoticias

Vuelve la 'fórmula mágica' del Mercado de Navidad que triunfó en Bueu

Vuelve la 'fórmula mágica' del Mercado de Navidad que triunfó en Bueu

28/10/2025
La Noite do Averno llega a Salceda con una andaina y un escape room terrorífico

Cangas se transformará con una tenebrosa "escape room" al aire libre por Samaín

26/10/2025

O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, coincidiu en valorar a elevada afluencia e “a sinerxía co público local, sendo que máis consegue achegarse á cidadanía” de entre os festivais de cine que apoia a Deputación de Pontevedra. Leal destacou demais a “aposta do FICBUEU pola formación de novos públicos, por realizar actividades ao longo de todo o ano e por dignificar a figura da muller”, tanto a través da programación coma do equipo de traballo.

Pola súa banda, o director da Agadic, Jacobo Sutil, recoñeceu asemade a capacidade organizativa e a calidade do programa do FICBUEU 2018, do que quixo “salientar a Sección Galicia R, con cinco destacadas curtametraxes de produción galega”, ademais das actividades paralelas, que van da gastronomía e a formación aos espectáculos protagonizados por Luis Davila ou Carlos Blanco. “Unha programación que vai mellorando cada ano”, apuntou.

Claves da programación

O director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu pechou a presentación desta undécima edición, orzamentada nuns 100.000 euros, agradecendo as achegas de financiadores públicos e privados e resumindo as claves da programación, que se pode dividir en 3 bloques: sesións de curtametraxes, actividades paralelas de carácter cinematográfico e propostas de ocio vinculadas a outras disciplinas artísticas. Entre as primeiras, sitúase a proxección de 80 curtas, estruturadas en diferentes seccións: Internacional, Galicia R, España, Escolas e Panorama, esta última coas mellores obras que non entraron a concurso.

As actividades cinematográficas inclúen coloquios coas e cos cineastas convidados, conferencias, clases maxistrais ou programas de radio especializados, como é o caso de ‘Carne cruda’ ou do show ao vivo ‘De Galicia a Hollywood’, con Rodrigo Cortés, Juan Gómez-Jurado e Arturo González Campos. Serán citas todas elas protagonizadas por profesionais de recoñecido prestixio no audiovisual galego pero tamén fóra das nosas fronteiras, tal e como acontecerá no Encontro con Mabel Rivera. Ao tempo, búscase aproveitar e promocionar o talento local, establecendo sinerxías con outras asociacións ou artistas como Luis Davila e Marc Taeguer, que crearán ao son de Fuzzo en ‘Debuxando coa luz’.

Entre as actividades culturais que complementan as citas cinematográficas sitúase unha interesante oferta musical que inclúe os concertos de Xoel López e De Vacas, entre outras actuacións en directo, alén de propostas para nenas e nenos.

Temas: BueuFICBueuFICBueu 2018O Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar
Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Vigo llega de nuevo a la gran pantalla y la ciudad acogerá el preestreno oficial
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo
Enfoque

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

PorMetropolitano
27/10/2025

A dotación económica dos VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica ascendeu a 12.000 euros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X