• Fiestas de Coia
  • Recuperación edificio Vigo
  • Desaparecido Vigo
  • Inscritos Rallye Rías Baixas
  • Entradas Castrelos
  • Vivienda en Vigo
  • Calor Galicia
  • Fiestas Bueu
  • Plan en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Chelo Loureiro, Paula Cons e Lucía Catoira, Premios "Mulleres no Foco 2022"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
01/10/2022

Nin Marilyn Monroe quixo perderse hoxe a gala da II edición dos premios Mulleres no Foco da Deputación e CIMA. Ao máis puro estilo cinematográfico, o auditorio de Afundación en Pontevedra engalanouse coa tradicional alfombra vermella, luminarias vintage ao estilo dos primeiros tempos do cinema, e encheu o seu ambiente coa música das mellores películas para albergar este evento que ateigou o patio de butacas, con case 500 persoas de toda Galicia. Todo para recoñecer o talento e a traxectoria das tres galardoadas deste ano, Chelo Loureiro, Paula Cons, e Lucía Catoira, así como das restantes 14 nominadas. Representantes do sector audiovisual e dos ámbitos da cultura, da política, da igualdade, medios de comunicación e da empresa déronse cita nesta gala, na que brillou a música de Sés e que tivo tamén carácter reivindicativo coas intervencións de Carmela Silva e da realizadora Inés París, da Asociación de Mulleres Cineastas CIMA. “Esta gala –subliñou a presidenta provincial- é de recoñecemento ao talento das mulleres do audiovisual. Pero e moito máis; é un acto de amor á cultura e á igualdade, os dous conceptos que maior poder teñen de transformación cara a unha sociedade máis xusta, máis digna e máis decente”.

“Somos fortes, estamos de pé e no centro. Somos poderosas, somos únicas, somos a metade do mundo”. Tras esta rotunda declaración, a presidenta provincial enxalzou a traxectoria das tres premiadas, destacando “a mestría e traxectoria” da realizadora e produtora Chelo Loureiro, gañadora de dous premios Goya e activista polo recoñecemento das mulleres no audiovisual; “o traballo infatigable e o talento” de Paula Cons, xornalista, documentalista e directora; e “a mirada comprometida desde a cámara” da directora de fotografía Lucía Catoira. As tres recibiron os seus premios de mans de Carmela Silva, de Marta Villar, representante de CIMA en Galicia, e de Pilar Alonso, a artista que deseñou os galardóns, que representan un vangardista carrete de cine.

Másnoticias

Nigrán pone fecha al festival de cine gratuito en el que tendrás que pedalear para ver las películas

25/06/2025
Foto: Concello do Rosal

O Rosal tendrá gratis en agosto cine al atardecer con chocolate caliente

24/06/2025

Previamente, as e os asistentes á Gala tiveron unha singular benvida a cargo de Sarao Animación e as súas tres personaxes que ambientaron o photocall, unha delas ataviada cun vestido que se mimetizaba coa longa alfombra vermella, así como polo saxofonista que interpretou pezas de coñecidas películas, mentres unha pantalla amosaba a conta atrás para o inicio do evento.

Singular foi tamén a presentación da gala a cargo das actrices Arantxa Treus e Mónica Sueiro, que despois “reviviron” no Auditorio a Marilyn Monroe e Clara Campoamor, que protagonizaron hilarantes diálogos cargados de recoñecemento e reivindicación para ambas figuras. Precisamente sobre o legado “destas dúas mulleres da historia, tan distintas e tan iguais”, falou Carmela Silva. Por unha banda, Marilyn, “una muller do cinema explotada como icona sexual que ela nunca aceptou, vítima dunha ditadura estética e machista, pero cun compromiso descoñecido para a xente”. E, por outra, Clara Campoamor, “que se levantou desde a política contra unha sociedade escura, machista, muller á que debemos tanto”. A presidenta tamén reivindicou: “Cen anos despois estamos preocupadas, moito, -engadiu- coa onda involucionista que vivimos en Europa, no mundo, onde os dereitos da muller volven estar en risco con voces que seguramente emularían a incomprensión que tanto fixo sufrir a Clara Campoamor e ás mulleres do seu tempo”.

As gañadoras e o resto das 17 candidatas subiron ao escenario, decorado tamén en cor vermello e adornado con camelias, onde Inés París e Carmela Silva lles entregaron como agasallo a figura coa citada flor deseñada pola artista Ana Tenorio. Elas son Manane Rodríguez Rodríguez, Jaione Camborda Coll, Xisela Franco Costas, María Isabel Martínez Martínez, Pilar Comesaña Amado, Micaela Sinde Stompel, Araceli Gonda Cabrera, Tatiana Rodríguez Vázquez, Beatriz Legerén Lago, Andrea Vázquez García, Natividad Juncal Portas, Lucía Estévez González, Adriana Pérez Villanueva e Belén Montero Rodríguez.

“Non hai no Estado uns premios de cinema e do audiovisual como estes, con tanto compromiso e, por que non dicilo, con tantos recursos”, engadiu Carmela Silva, que falou da “revolución cultural” que están a protagonizar as mulleres “con nomes, que a pesar dos obstáculos, son cada vez máis visibles”. “Así que amais de celebrar e de sorrir, reivindiquemos. Hoxe facémolo para as mulleres do cinema e do audiovisual cunha gala que si, é de homenaxe e recoñecemento ao talento das mulleres, de visibilización dos seus nomes e da súa obra, e de reivindicación do noso espazo en todos os eidos”. A presidenta quixo agradecer de xeito especial o compromiso da cidadanía coa súa asistencia a este evento “dunha forma tan masiva”. “Isto demostra que neste camiño da igualdade, aínda que longo e duro, estamos a dar pasos que fai uns anos serían impensables”, subliñou. Rematou coa lectura dun poema da autora guatemalteca Guisela López sobre a marcha pola vida das mulleres “transformando a realidade” para concluír que “fagamos que siga resoando a nosa voz”.

Pola súa banda, a realizadora Inés París, primeira presidenta de CIMA, (que agrupa a 300 mulleres do audiovisual español) lembrou no seu discurso a importancia dos premios, que xa desde a antiga Grecia, onde as coroas de loureiro “nunca cinxiron unha fronte feminina”, historicamente teñen vedado ás mulleres, excepto en casos como “os concursos de beleza e maternidade”. “Premios non, castigos si. E é unha faena, porque son un ritual de celebración moi importante –afirmou-: dan acceso a espazos de prestixio, fan historia, crean memoria e as veces teñen unha dotación económica, como estes, e sempre dan moita alegría a quen os recibe”. “Por iso en CIMA –engadiu felicitando ás gañadoras- estamos tan contentas con este premio que se ten creado grazas ao empeño de Carmela Silva, e que recoñece o talento, o traballo e o éxito das creadoras do audiovisual de Galicia. Amais este no a dotación subiu tanto como a electricidade”.

O broche da gala estivo a cargo da cantante Sés, que interpretou os temas “Espiña sen rosa” e “A paz esquiva” e deu paso a un concorrido ágape no hall do auditorio pontevedrés.

Temas: CineDeputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Oliver Laxe, con su galardón en Cannes // EP/FESTIVAL DE CANNES
Enfoque

El director gallego Oliver Laxe gana el premio del Jurado de Cannes por su película 'Sirat'

El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'

PorMetropolitano
24/05/2025
Enfoque

La película rodada en Vigo que emociona al mundo en uno de los festivales más importantes del cine

"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes

PorCarlos I. Castrillón
22/05/2025
Foto generada por Inteligencia Artificial
Gafapasta

El festival de series que llega a Vigo y permitirá ver gratis éxitos de Netflix, Prime Video y Movistar

Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series

PorMiguel Alonso
13/05/2025
Enfoque

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos

PorMetropolitano
26/06/2025

Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X