A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, festexou este domingo o Nadal e o seu quinto aniversario no Auditorio do Concello de Vigo cun concerto que contou coa colaboración do Concello de Vigo, e que estivo dedicado a Aldeas Infantiles.
Co aforo completo, o concerto iniciou coa intervención de Abel Caballero, alcalde de Vigo, quen destacou o importante papel que xoga a música no desenvolvemento persoal. Nesta liña resaltou que un estudante de música “é un cidadán distinto, é unha persoa distinta, e por iso para nos é tan importante a música, e por iso sodes tan importantes”.
Nestes cinco anos de actividade da Orquestra Kv2211 pasaron polas súas filas 106 músicos, moitos deles tocando por primeira vez nunha orquestra, o que lles permitiu, ademais de ampliar a súa formación musical, descubrir a experiencia de tocar en conxunto. Celebráronse 27 concertos, principalmente nos centros culturais das parroquias de Vigo, un feito que destacou Amancio Fernández, representante da Asociación Kv2211.
A cita comezou coa actuación dos máis pequenos, membros da Orquestra Infantil, de entre 7 e 14 anos, cun repertorio de panxoliñas tradicionais. A continuación a Orquestra Xuvenil, que interpretou obras de Haendel, Mozart, Strauss e Tchaikovsky; e, por primeira vez tras a pandemia uníronse no escenario as dúas formacións coa Orquestra Kv2211 no seu conxunto. Ademais actuou o Coro creado para a ocasión e constituído por pais, nais, amigos e familiares de membros da Orquestra baixo a dirección de Jacobo García.
A Orquestra Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 pola vontade de crear unha orquestra de cordas baseada en tres pilares: educativo, cultural e social. Na actualidade, a Orquestra Kv2211 conta con 60 membros con idades comprendidas entre os 7 e os 22 anos, formados en instrumentos de corda, piano e percusión procedentes de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Ademais dos fins educativos e culturais, a Orquestra Kv2211 visibiliza nos seus concertos o traballo de entidades con fins sociais. Neste caso, o Concerto de Nadal deste ano estivo dedicado á asociación Aldeas Infantiles, cuxo obxectivo é facilitar un fogar a aqueles nenos que non poden vivir, por diferentes circunstancias, cos seus pais e nais.
A Orquestra Kv2211, de carácter formativo, ensaia os sábados pola mañá no Centro Cultural de Beade. Neste centro celebrará o Concerto de Aninovo o sábado 14 de xaneiro.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL